Xoves 9 de setembro / 10h30 / Pazo da Cultura de Carballo
STREAMING: FACEBOOK LIVE | TWITCH | YOUTUBE
Un dos obxectivos do Carballo Interplay é seguir transformando, medrando, ensinando, e promocionando o talento galego na rede. Por isto nesta edición, dende o festival artellamos un encontro cos principais puntas de lanza nas novas narrativas dixitais do país.
A mañá do xoves 9 de setembro a chegarémonos á comunidade de Youtube cos creadores Olaxonmario e Nee Barros, seguiremos pendentes do pendentes do cada vez máis crecente mundo dos podcasts en galego con Isaac González (Podgalego), Samuel L. París (MBA mal) e Carme D. Prol (Café Derby 21), membros de dous dos podcasts máis exitosos do último ano. Abriremos a porta a Tik Tok co sarcasmo e a cultura pop de Malva, visitaremos Twitter cos ilustres gañadores do premio Galitwitter Jon Amil (@AmilGZ) e Mira1cousinha (@_mira1cousinha_), e adentrarémonos no último que se está a facer en Twitch da man de Agos Reigosa, un dos impulsores da iniciativa Twitch en Galego.
Como se comeza a crear contido? En que se diferencia o público de cada rede? Que é o que demandan? Que hai que ter en conta para crear no ámbito dixital? Están os creadores e creadoras de diversas redes interconectados entre si? En que momento se atopa a creación dixital en Galicia? Que retos hai para o futuro? Resposta a todas estas preguntas e máis, neste Masters da internet moderado por Alba Mancebo e Esther Estévez!
Masters da internet: panel 1 | Youtube e Podcast con Olaxonmario, Nee Barros, Isaac González, Samuel L. París e Carme D. Prol. Modera: Alba Mancebo
Olaxonmario | Youtube
“Youtuber gaiego condecorado ou así e fago vídeos e cousas na internet, disque as veces fago risa e outras tantas douna. Tamén teño un podcast ou asi onde falo de identidade (nacional, local ou persoal) e gosto de Azealia Banks.”
Nee Barros | Youtube
“Gosto de escrever teatro, relatos, poesia, tocar música, cantar, fazer curta-metragens, fotografias, queixar-me… mas do que nom gosto é de parar quiete. Poderás topar-me nas redes a fazer balbordo como @neeumatiko.”
Isaac González | Podgalego
“Xunto con Uxío Broullón fundei Podgalego, que recolle os podcast en galego desde hai máis de 15 anos. Participei en incontables proxectos musicais, radiofónicos e podcasters e o último deles é Sexto Grao, un programa de entrevistas.”
Samuel L. París | Podcast: MBA mal
“Escritor e músico, a miña actividade creativa, independentemente do formato, está sempre enfocada desde a comedia e o humor. Proba disto é Francamente Cariño, a dupla creativa que formo con Berto Álvarez, responsable do podcast MBA MAL.”
Carme D. Prol | Podcast: Café Derby 21
“Xornalista de cando en vez e voz de pitiño no podcast Café Derby 21. Teño un máster en producción xornalística e audiovisual e outro en películas con momias.”
Masters da internet: panel 2 | Tik Tok, Twitter e Twitch con Malva, Jon Amil, Mira1cousinha e Agos Reigosa. Modera: Esther Estévez
Malva | Tik Tok
“Tiktokeira por accidente con unha pasión por Taylor Swift, as películas para adolescentes e Sobrado dos Monxes.”
Leti da Taberna | Tik Tok
“Vivo en Compostela aínda que me criei na Taberna de Paradela (Teixeiro), de aí que me guste tanto contar contos e tirar de retranca. Fago humor en clave feminista, intentando tirar de retranca tamén para romper cos tópicos que se atribúen as galegas.”
Jon Amil | Twitter
“Inteligência. Beleza. Engenho. Magnetismo. Conheço bem o significado destas palavras, com certeza, já que levo a conta de @emgalego no Twitter. Seria estranho que alguém levasse um consultório linguístico e nom soubesse palavras tam básicas.”
Mira1cousinha | Twitter
“Estou en tuiter porque non hai suficientes filólogxs metidxs nel. No 1.0 son profesora e unha señora de Compostela.”
Agos Reigosa | Twitch
“Fun creador de contidos na Navalla Suíza e colaborei con medios como Memoria Pixelada, Mola!, Mallando no Android e a Revista Tempos. Agora, no tempo libre que pode ter un opositor, adicoo á iniciativa e á comunidade que hai tras Twitch en Galego.”