Con Joaquín Csáky e Lorena Iglesias.

Venres 10 de setembro / 20h00 / Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo



A cara B dun filtro de beleza de Instagram é un filtro de beleza de Instagram mal posto. Internet tamén ten taras, como nos amosan esas imaxes perturbadoras da web This person does not exist. Bloopers de vídeos de ASMR, manosphera, deepfakes de famosos derretidos, etc. Un repaso que Lorena Iglesias e David Pareja farán pasar por estudo científico, dos vídeos máis estremecedoras da Internet (rede informática descentralizada de carácter global).

JOAQUÍN CSÁKY

Actor (Inmotep, Julián Génisson, 2021, Todo va a salir mal, Toni Nievas, 2021), figurante de Cuéntame e colaborador cómico o espectáculos como o Necroshow, vídeos de Canódromo Abandonado e na serie Millennial Mal de Lorena Iglesias. O seu estilo cómico chill pero expresivo, convérteno no candidato ideal para formar parte da Pochosfera.

LORENA IGLESIAS

Cómica, actriz, guionista. Desde 2019 fai un show semanal, sempre diferente, Necroshow, participa en programas de radio, presentacións e colabora en eventos feministas como Princesas y Darthvaders, Riot Comedy, etc. O seu estilo cómico foi descrito como “comedia alucinada” ou “thinking out of the box”. Mellor ver. Mellor ver para crer.