Skip to content

premio a proxecto de serie en galego

O Carballo Interplay, na súa 8ª edición, que terá lugar en Carballo no mes do 8 ao 11 de setembro, convoca o premio a proxectos de serie en galego, que ten por obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet.

PRAZO

Poderán presentarse proxectos dende a publicación das bases ata o 31 de xullo de 2021.

CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS

Os proxectos presentados a este premio deben estar referidos á creación de contidos audiovisuais que han reunir as seguintes características básicas:

• Deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais.

• Poden ser de imaxe real, animación, stop motion, técnica combinada, etc.

• As creacións audiovisuais deben estar pensadas para seren publicadas e difundidas a través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes.

• Non hai ningún tipo de restrición de temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias, sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.

• Deben ser gravadas orixinalmente en galego e esta debe ser a lingua do seu título e créditos.

PREMIO

O premio ten unha dotación económica de 3.000 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres vídeos da serie do proxecto premiado. O premio estará suxeito ás posibles retencións fiscais que a lei estableza.

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA

Os/as solicitantes deberán enviar ao enderezo electrónico direccion@carballointerplay.com, e indicando no asunto do correo “Proxecto de serie en galego”, a seguinte documentación nun arquivo en formato pdf.

• Historial profesional do/a solicitante, persoa, entidade ou produtora.

• Sinopse do proxecto (máximo 1 páxina).

• Memoria explicativa do proxecto (máximo 5 páxinas).

• Guión do primeiro capítulo.

• Calendario da produción.

• Currículo do equipo técnico e artístico.

• Plan de comunicación e presenza en RRSS.

• Ligazón a teaser visual da webserie.

• Calquera outra documentación que o/a solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.

Descarga as bases completas AQUÍ.


Series edicións anteriores