Con Perra de Satán e Esnórquel.

Sábado 11 de setembro / 13h00 / Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo



Ven polo chascarrillo, queda polos traumas. ¿Puedo hablar! é o podcast de Esnórquel e Perra de Satán, onde cada semana analizan co seu particular humor e sen censura temas importantes ou intranscendentes. A medio camiño entre un show de comedia e unha consulta de psicoloxía, Bea e Enrique discorren sobre saúde mental, os seus corpos, política, cultura, ligoteo, sexo, depresión… e moita televisión dos noventa.