Venres 10 de setembro / 22h00 / Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo



Cómicas, listas, referentes, e mooooi válidas. Xa escoitaches falar delas como Percebes y Grelos, Living Postureo ou en Nanismo Nani (Buenismo Bien – Cadena SER), o podcast Estirando el chicle… e unha chea de sitios máis!


Henar Álvarez acompañará nesta ocasión a Carolina Iglesias e Victoria Martín para rajar ou como elas din coloquialmente “pasar o ferro”, que moito lles gusta. Coñecidas por crear contido cun claro enfoque cara á diversidade ou a normalización de asuntos como a saúde mental, a loita contra o machismo ou os dereitos do colectivo LGTBI, tamén abordan sen miramentos temas como o amor, a esclavitude das redes sociais, a tristeza, etc.

Estas tres xefas do mundo online (e do 1.0) ofrecerán no Carballo Interplay un show de humor e palique exclusivo e en directo no que nin nós sabemos que pasará. O que si que sabemos é que será UNICO E SEN CENSURA!

CAROLINA IGLESIAS

Carolina Iglesias (Oleiros, 1993) é guionista, cómica e presentadora. Deuse a coñecer no chat de Operación Triunfo e colaborando en Yu (Los 40) e La Hora Yutuber de Vodafone Yu. Coñecida na internet como Percebesygrelos, na súa canle de Youtube fala de todas as súas paixóns: a cultura pop, Galicia e Eurovisión. Participou en diversos formatos televisivos como Zapeando (La Sexta), Lo Siguiente (TVE) ou Ilustres Ignorantes (Movistar+) pero tamén nas plataformas dixitais como reporteira en Verano Influencer ( MTmad), colaboradora en Problemas del primer mundo (Flooxer) e colaboradora en OTVisión (Playz).

VICTORIA MARTÍN

Vitoria Martín de la Cova (Madrid, 1989) é xornalista, guionista e colaboradora de televisión e radio. É co-creadora da canle de Youtube Living Postureo e colaboradora en Yu No Te Pierdas Nad en Europa FM. Vitoria traballou como guionista para La Resistencia, de David Broncano, como colaboradora para Las Que Faltaban, de Movistar +, e participou en diferentes formatos na canle Comedy Central. Así mesmo, é co-creadora e presentadora do programa Problemas del Primer Mundo, un formato de Flooxer, Neox e Europa FM.

HENAR ÁLVAREZ

Henar Álvarez (Madrid, 1984) é unha das voces máis visibles da comedia actual. Ademais de cómica, ten un longo percorrido como guionista e presentadora de radio e televisión. Dirixiu un programa de radio con Leticia Dolera na Ser, escribiu crónicas feministas en El Confidencial, foi guionista de Hoy por hoy e presentadora dos programas de televisión Likes e La que faltaban (Movistar +). Actualmente presenta Buenismo bien (Cadena Ser), xunto a Quique Peinado e Manuel Burque.