SÁBADO 11 | 17:30
BACKSTAGE
Ivana (directora), Noelia (guionista) e Cristina (nai e produtora executiva) teñen un plan: formar un equipo para empezar a rodaxe dunha serie tola de ciencia ficción. Flix Prime (unha famosa plataforma) está detrás do proxecto e todos queren ser protagonistas. A catástrofe e os egos empezan a aflorar e todo é rexistrado polo mozo dos camerinos.
I AM WHO I AM
Nin Naiz Naizena é unha serie web documental sobre as experiencias de dez persoas trans. A serie web, dirixida por Izaskun Arandia e producida por Izar Films co apoio de GEHITU e Mugen Gainetik, componse de dez episodios de dez minutos cada un e pode verse desde a web creada especificamente para o proxecto: www.trans.eus
LA REINA DEL PUEBLO
Inma quere cumprir o seu soño: gañar a competición da Raíña das festas. Para conseguilo apoiarase nos seus amigos: Estefi, a activista; Javi, o brilli feito persoa; e Nicole, influencer.
DRÁCULA, EL VAMPIRO GALLEGO
Drácula é un vampiro galego decidido a converterse en blogger a pesar dos prexuízos sociais. Todo se complica cando Juanan, un coñecido gamer, tenta matalo.
AMOR SUPERDOTADO
Uns mozos e mozas con mentes brillantes, reunidos nunha convención de mozas con altas capacidades, están a piques de descubrir que o amor… é de todo menos intelixente.
RIDERS
Axel soña con ser programador de videoxogos, pero ten que traballar como rider para pagar as débedas de xogo do seu irmán. Uns narcos obríganlle a traficar con drogas.