Ven facer un Dinosaurio!

Non é un curso… é unha experiencia audiovisual kamikaze.

Tres días de creatividade traballando en equipo con profesionais do mundo audiovisual. Os/as participantes enfrontaranse ao reto de idear, gravar e  postproducir capítulos de serie Dinosauro. Os capítulos resultantes estrearanse na apertura da VIII edición do festival. 

As prazas asignaranse despois dun proceso de selección. Non fai falta ser profesional para participar, só ter ganas de vivir unha aventura audiovisual. O prazo de pre inscrición pecha o día 16 agosto.  Unha vez prerexistrado a organización se porá en contacto contigo para  indicarche o modo de pago para formalizar a túa praza. 

Info

30 – 31 agosto e 1 setembro 
12 prazas
Horario: 10:00 a 20:00 con pausa para xantar. 
Lugar: Salón de Actos do Pazo de Cultura de Carballo
PREZO: 150 euros (incluída dieta dos tres días)
Non  inclúe  aloxamento. Non caso de que  queiras quedar en Carballo o festival pode  facilitarche información de aloxamentos. 
Non se  proverá de material técnico.



Monitor@s


ALFONSO ZARAUZA

Director de cinema nado en Santiago de Compostela en 1973, inicia a súa carreira cinematográfica en 1994 rodando varias curtametraxes e coordinando obradoiros profesionais por toda Europa para a Media Business School. En Madrid fundou, xunto ao productor cubano Harold Sánchez, a productora Iroko Films, ocupando ata 2008 o cargo de director de desenvolvemento de proxectos. En 2004 escribe a súa primeira película  “A ilha da morte”, premio ao mellor guión de longametraxe no festival de Trieste. En 2012 dirixe dous filmes: Encallados e Os Fenómenos e na actualidade traballa no proceso de posproducción de “Ons”, a súa quinta longametraxe. 

FB: https://www.facebook.com/leopoldo.vonfaulhaber

ANTÓN VARELA

Antón Varela (A Coruña, 1992) é graduado en Comunicación Audiovisual pola UDC e cursou un Máster en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo na Universidade Pompeu Fabra. O seu ámbito de traballo é a animación, a súa linguaxe a apropiación e o collage, e a súa materia prima recortes de imaxes que atopa por aí. O resultado é “Orfanato Atroz”, que levou o premio á mellor webserie no Carballo Interplay 2016. Recentemente, realizou para Vinte a serie de cinco capítulos “Os 20 do XX”, un percorrido pola historia de Galicia sen abandonar o seu estilo persoal.

FB: https://www.facebook.com/anton.varelarodriguez
TW: https://twitter.com/antonvarela_
IG: https://www.instagram.com/anton.varela/

LUCÍA RODRÍGUEZ REGUEIRO

Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña e Técnico Superior en Iluminación, Captación e Tratamento da Imaxe pola Escola de Imaxe e Son da Coruña, comeza a súa andaina no eido audiovisual no 2015. Ao longo dos últimos anos forma parte do equipo de cámara en producións como Serramoura, Urxencia Cero, Viradeira ou A Estiba entre outras, e participa como auxiliar de montaxe no programa Latexos da cidade.

Á par disto traballa como fotógrafa e videógrafa freelance, tanto para particulares como para empresas, emprendendo tamén proxectos propios como a dirección do videoclip “No te pires nena” da banda Superser. Recentemente participou na rodaxe da webserie Xan (Premio a Proxecto Carballo Interplay 2019) como auxiliar de cámara e realizadora do making of.

FB: https://www.facebook.com/luciarregueiro
IG: http://instagram.com/luciar_

LETICIA T. BLANCO

Leticia T. Blanco (Negreira, 1991) é diplomada en Dirección de Fotografía pola Escola de Cine Bande à Part (Barcelona) e especializouse en Corrección de Cor para Audiovisuais na Escola de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños (Cuba). Desarrolla a súa vida profesional entre a fotografía e a posprodución, sendo a responsable da corrección de cor de curtas coma Matria, A Nena Azul, O Que Medra Por Dentro, Somos Cárcere, o documental Dorothé Na Vila ou a webserie Xan. Ao mesmo tempo, forma parte da equipa de cámara de producións coma ¿Qué Hicimos Mal?. Nos últimos dous anos, forma parte do espectáculo Curva España do Grupo Chévere, no cal leva a cabo realización en directo. Na actualidade compaxina varios proxectos fotográficos persoais coa posprodución.

FB: https://www.facebook.com/letitblanco/
IG: https://www.instagram.com/leticiatblanco/
TW: https://twitter.com/leticiatblanco

IAGO LÓPEZ 

Dio sus primeros pasos en Londres donde trabajó años como ayudante de cámara y técnico de HD. Su sueño de realizar documentales le llevó a montar varias productoras documentales internacionales en Camboya, Mozambique y España, mientras continuaba con trabajando como director de fotografía en múltiples producciones documentales, tanto para cadenas de referencia internacional (BBC, National Geographic y Deustsche Welle), agencias internacionales de cooperación (WHO, WWF) y realizadores independientes, cuyos documentales se exhiben en plataformas como Netflix y Amazon Prime. Actualmente, colabora en la serie documental de Amazon Prime “GEO: más allá del límite”.

JAVI CAMINO

Director de webseries (“El viudo quiere mimos”), series de televisión (“Casa Manola”), documentais (“Nación de muchachos: utopía o muerte”), programas de cociña (“O sal da terra”), videoclips, curtametraxes e unha longametraxe de serie Z (“¡Maldito Bastardo!”). Tamén traballou como editor en diversos proxectos televisivos (“Escapárate”, “Imos de feira”). Cinéfago compulsivo e xornalista cultural nos intres libres. Colaborou escribindo en medios como Vice, Tentaciones (El País), Elemmental, Notodo… En outubro estrenará “Jacinto”, a súa primeira longametraxe de ficción profesional.