SARA RIVEIRO
Graduada en Xornalismo e Comunicación Audiovisual, creadora do podcast Personal y Político, aprendiz de xornalista e editora en eldiario.es, galega emigrada, pesada en internet, fan das causas perdidas, dos deportes de contacto, da telebasura e máis das historias de mulleres.
TANIA PRIETO
Tania Prieto, é piscis e música, viguesa, e artista plástica que asina co nome de Pangea os seus debuxos e retratos. É unha das creadoras e impulsora do Fabiana Te Pasas Fest (festival online de obradoiros e música) e tocou en proxectos de garage punk como Cheap Lipstick, Tropic Bleach ou ela en solitario.
LÚA PAGÁN
Actriz. Estudante de Interpretación Xestual na Escola Superior de Arte Dramática de Galiza. Actriz na obra teatral Búnker (2019), as curtametraxes O que precede a caída é branco (2018) e Hai Unha Virxe Alí Arriba (2020), a longametraxe Olvido e León (2021) e o videoclip Veleno [Baiuca ft. Rodrigo Cuevas] (2021). Actriz, coescritora e codirectora da obra radiofónica Límpidas (2020).