HENAR ÁLVAREZ

Henar Álvarez é unha das voces máis visibles da comedia actual. Ademais de cómica, ten un longo percorrido como guionista e presentadora de radio e televisión. Dirixiu un programa de radio con Leticia Dolera na Ser, escribiu crónicas feministas en El Confidencial, foi guionista de Hoy por hoy e presentadora dos programas de televisión Likes e La que faltaban (Movistar +). Actualmente presenta Buenismo bien (Cadena Ser), xunto a Quique Peinado e Manuel Burque.

[IG] https://www.instagram.com/henarconh_/

DAVID PAREJA

David Pareja é un todoterreo do humor (absurdo, cómodo, intelixente ou crítico) que manexa á perfección os diferentes formatos que hoxe en día brindan as diferentes redes sociais. Participou en curtametraxes como “Nino”, “Lethal Love” ou “Mirada Perdida”, co que gañou o premio de ficción do NOTODOFEST. Tamén é deseñador gráfico. E actor. En “Gente en sitios”, “Magical Girl”, “Todos tus secretos” ou as súas propias curtas.

[IG] https://www.instagram.com/davidpareja/

FERNANDO EPELDE

Fernando Epelde é músico e produtor. Entre os seus traballos recentes atópanse algúns espazos sonoros e músicas realizadas en producións do Centro Dramático Nacional, eventos performativos, televisivos e partituras cinematográficas. Destaca entre a súa obra a súa traxectoria estritamente musical en formacións como Modulok, Spam ou, actualmente, proxectos dun cariz algo máis experimental como Chisme ou PROPP. Neste ámbito, Fernando traballa hai anos co selo musical Raso Estudio, responsable da publicacións dos traballos de Parquesvr ou Baiuca entre moitos outros.

[IG] https://www.instagram.com/fernandoepelde/

SARA VARELA (Xurado AGAG)

Sara Varela é graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e cursou o Máster en produción MPXA da UDC. Comeza a súa traxectoria no departamento dixital de Atresmedia, Flooxer, onde participa en Paquita Salas, Roomies, Lo del Floox Show; e especialízase en crear formatos e guións para internet. Dirixiu o Fashion Film The Room e actualmente traballa como redactora para distintos programas da TVG.

DAVID FIDALGO OMIL (Xurado CREA)

David Fidalgo Omil (Lugo, 1989) é realizador de curtametraxes de animación cun carácter moi persoal. Coa súa última curtametraxe ‘’Homomaquia’’ conseguiu ser finalsita nos premios Goya 2020, o Premio do Público no Festival de Málaga e o Mestre Mateo, entre outro,s ademais de estar presentes en moitos festivais. Agora mesmo está envorcado na realización da súa primeira webserie de animación ”CACOLA”, que será presentada neste mesmo Carballo Interplay.

[IG] https://www.instagram.com/davidfidalgoomil/