STREAMING:   FACEBOOK LIVE  |  TWITCH   |   YOUTUBE


Venres 10 de setembro. 
Pazo da Cultura de Carballo. Salón de actos.
Plazo de solicitude de acreditacións pechado.


As acreditacións se asignarán por orde de inscrición.
O número de prazas para asistir dependerá dos aforos permitidos segundo os protocolos COVID nese momento


 

10h00 Recollida de acreditacións


 

10h30 Panel. “O xiro cara o contido de actualidade. Debate e conciencia social”: con Freeda, Canal 180 e Playz.

A ficción adoita ser a gran aposta á hora da creación de contido dixital, mais as audiencias máis novas como as millennials e a xeración Z piden cada vez de xeito máis claro outro tipo de contidos: divulgativos, arredor da cultura, a política, a saúde mental ou problemas sociais e ambientais. Cales son as tendencias neste tipo de formatos? Hai espazo para os discursos menos convencionais? Cales son as claves á hora de producilos e distribuílos?

Freeda: Clara Amechazurra Falagán (directora de contidos en Freeda España). 

Freeda é un medio de comunicación dixital que se dirixe ao público feminino. Os seus contidos, pensados desde a orixe para ser consumidos no móbil, perseguen promover os logros das mulleres, inspirar o seu estilo persoal e fomentar a sororidade. O éxito de Freeda baséase nunha combinación de factores, a creatividade como piar fundamental, a innovación constante e a forma en que se relacionan coas súas seguidoras, millennials e centennials. Contan en España cunha comunidade de 3 millóns de seguidores en redes sociais.

Canal 180

Canal180 é unha canle de televisión dedicada integramente á cultura, ás artes e á creatividade. Seguindo a axenda artística en constante cambio, transmiten contido innovador creado por unha nova xeración de artistas. Ademais, tamén producen e curan exclusivamente proxectos de todo o mundo. Agora, dez anos despois de comezar coa súa transmisión televisiva, Canal 180 reinvéntase cunha importante colaboración coa plataforma internacional de arte dixital The Wrong, dando como resultado unha grella de programación totalmente nova.

Playz: Irene Mahía (coordinadora de actualidade de Playz – RTVE)

Catro anos despois do seu lanzamento, Playz asentouse como canle referente do público novo grazas a programas que falan dos seus problemas dándolles voz propia, como Gen Playz, e ficcións que tratan desde o entretemento a realidade social á que se enfrontan no día a día, como “Grasa”, “Drama” ou “Riders”. Ademais, RTVE está inmerso no lanzamento da plataforma RTVE Play, que englobará os contidos das canles lineais e de Playz xunto con contido orixinal de calidade para un público adulto que se afastou da televisión.


 

11h30 Panel. “Contidos dixitais e innovación. Onde poñen o foco as canles públicas?”: con RTP Lab e Televisión de Galicia.

Os medios públicos fan uso na actualidade da tecnoloxía e seguen as tendencias mundiais para mellorar sensiblemente a experiencia das usuarias durante o consumo de información, entretemento e contidos. Que é o que se está a facer en Galicia e Portugal? Cal é a estratexia dixital das canles públicas? É posible o nacemento de novos espazos para integrar o traballo de novos creadores e creadoras?

RTP: Rogério Gomes (xestor de proxecto en RTP Lab)

A Rádio e Televisão de Portugal (RTP), como servizo de medios públicos, procura estimular a creatividade e a innovación. E, por iso, de forma pioneira, creou o RTP Lab, un laboratorio creativo e experimental, con novas formas de produción de contidos, pensadas nunha lóxica multiplataforma. Deste xeito abriu unha convocatoria dirixida a todo o público na procura de contidos de ficción e humor que utilizasen novas formas de narrativa en ámbitos exclusivamente dixitais.

Televisión de Galicia: José Pereira (director da área de Innovación e Negocio da CRTVG)
Os proxectos actuais da CRTVG no proceso de transformación dixital céntranse, por un lado, na utilización do novo Lago de datos (Data Lake), que inxesta información de máis de 1.500 ítems diariamente e que permite tomar decisión mellor informadas e, por outro, na creación de dúas plataformas dixitais (unha informativa e outra de entretemento) que mellor a experiencia dos usuarios cos medios públicos galegos. Ademais, continúan coa estratexia marcada hai dous anos de reforzo do papel formativo de CRTVG, con proxectos como Petisgo!, unha plataforma específica de contidos interactivos para a mocidade, que verá a luz no primeiro semestre do ano 2022 e con proxectos xa consolidados coma o Dígochoeu!


12h30 Presentación produtoras e creadores dixitais de Portugal

Coñecemos a distintas produtoras e creadores de contidos dixitais convidados ao Carballo Interplay coa colaboración do Clúster Audiovisual de Galego, a través do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios financiado por Igape, Xunta de Galicia e UE. Coa presenza de PromenadeGalo BravoPiXbeeMT 360 / ManyTakesAnkylosaurTodos.


 

17h00 AGADIC. Unha nova vía para a produción de series web

Unha das principais vías de apoio público ao sector cultural galego materialízase a través do programa anual de subvencións da Axencia Galega das Industrias Culturais, que ten como prioridade potenciar a creación, produción e distribución dos produtos culturais galegos. Neste 2021, por primeira vez na súa historia a AGADIC inclúe nas súas axudas unha liña de subvencións a proxectos de webserie en versión orixinal galega. Dolores Meijomín, directora de política audiovisual da AGADIC, estará connosco para contárnolo.


 

17h30 – 19h30 Encontro Pro

Prazo de inscrición gratuíta aberto até o 16 de agosto. Se tes un proxecto e queres inscribirte no “Encontro Pro” para ter unha reunión con algunha das produtoras convidadas só tes que cubrir este formulario:


PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO O 16 DE AGOSTO


Dende o Interplay queremos fomentar a conexión entre creadores e creadoras e produtoras abrindo espazos de diálogo onde poder coñecernos de maneira distendida e construír futuras alianzas ou ver nacer novos proxectos. Neste encontro participarán produtoras galegas e portuguesas e tamén creadores e creadoras que teñan algún proxecto e estean na procura de feedback ou de produción. 
Asistirán: RTP Lab, CRTVG, Playz (RTVE), Freeda, Gaita Filmes, Abano Producións, Miramemira, Maruxiña Film Company, Cósmica Producións, Portocabo, VOZ Audiovisual, Promenade, Galo Bravo, PiXbee, ManyTakes, Ankylosaur, Sétima Media… Coa colaboración do Clúster Audiovisual de Galego, a través do Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios financiado por Igape, Xunta de Galicia e UE.