Despois de dez anos sen saber nada de Angélica e Roberta chegounos unha mensaxe desde o buraco negro onde crearon o seu novo fogar.

XOVES 7 DE ABRIL

22:30

PUB GOAT

Que lles pasaría durante todo este tempo? Serían nais dalgún fillo dalgún músico morto aos 27 anos? Descubrirían o segredo da eterna xuventude? Ou seguirán sendo as mesmas losers de sempre, pero en múltiples dimensións?

Se queres descubrilo vén á festa de “Angélica y Roberta”. Proxectarase por primeira vez o capítulo especial gravado para conmemorar os dez anos da mítica webserie, haberá unha sesión DJ para botar uns bailes e, quen sabe… quizais estean as propias rapazas por alí e parte do equipo da serie.