SÁBADO 9 DE ABRIL / 21:00

PAZO DA CULTURA

Tras nove edicións acompañándonos no noso festival, era natural que chegase este momento: Jorge Boquete e Óscar Cruz, os nosos queridos Porco Bravú presentan:  A desfeita! Un divertido e, -por que non?- sexy late night repleto de idiosincrasia, con invitados excepcionais e moito humor, nun entrañable percorrido por estes nove anos de festival.

Ah! E ademais repartiremos os premios da edición. Un luxo!