Dirixida por Belén Puime e gañadora ao mellor proxecto de serie web na pasada edición do Carballo Interplay.

VENRES 8 DE ABRIL / 18.30

PAZO DA CULTURA

“Hai moitas situacións na vida que nos fan suspirar e dicir “Lol vai pringada”, e Xoana, Catu e Antía, non son diferentes niso.

En cada episodio, estas tres compañeiras de piso, abren o seu diario persoal que conta situacións que lles fixeron sentir así. A ruptura co primeiro amor, o sentimento de non pertencer a nada e o diagnóstico dunha ETS son os momentos clave nos que cada personaxe convértese en protagonista e conta de forma sincera e desenfadada ao espectador.

Todo isto, contando con Santiago de Compostela como escenario protagonista da ficción, e escenario real da vida da maioría de estudantes universitarios galegos.”

Belén Puime.

Nacida na Coruña en 1998. Traballa como axudante de produción no desenvolvemento de series de televisión na empresa Setemedia e colabora coa produtora Unicorn Content, do grupo Meditarraneo de Mediaset España, no desenvolvemento do seu proxecto final de Máster.

Doutra banda, o seu interese no ensino artístico levouna a cursar un Máster de profesorado na especialidade de artes plásticas e visuais, no curso 2020-2021, a partir do cal levou a cabo un estudo sobre a aplicación do Tik Tok no ensino artístico.