Skip to content

Carballo é unha vila ao noroeste da provincia da Coruña, no noroeste de Galicia e tamén no da Península Ibérica. Ten 30.000 habitantes e é a capital da comarca de Bergantiños. Sitúase ás portas da Costa da Morte, unha zona marítima coñecida polos seus naufraxios, as súas sobrecolledoras paisaxes e cantís e por praias como a de Razo, estupendas para facer surf. Na Costa da Morte a forza da marea é quen de afundir petroleiros, facer medrar os mellores percebes do mundo ou provocar a éxtase sensorial dos seus visitantes, especialmente cando hai temporal. Tamén dos seus habitantes, que malia todo levan con bastante tranquilidade iso de vivir na fin do mundo. 

Alí nace no ano 2014 o festival  CARBALLO INTERPLAY como un evento pioneiro: o primeiro festival de webseries do Estado.  A partir de 2015 pasa a ser un Festival de contidos dixitais sempre atento ás novas linguaxes, englobando novas propostas e xeitos de entender a narración e a cultura audiovisual en relación coa rede, un medio en continua transformación. 

Recoñecidos e recoñecidas profesionais do mundo dixital en diferentes ámbitos asisten cada edición ao festival: David Saínz, Teresa Segura, Brays Efe, Malena Pichot, Charo López, Venga Monjas, Hematocrítico, Soy Una Pringada, Percebes y Grelos, Aby Power, Perra de Satán, Rubén Ontiveros, Nico Gómez, Los Prieto Flores, Noel Ceballos, Isa Calderón, Belena Gaynor, Manuel Bartual, Anabel Lorente, Lula Gómez, Lorena Iglesias, Living Postureo, Penny Jay, Rocío Quillahuaman, Christian Flores, Desirée de Fez, Carlo Padial, Andrea Gumes, Anna Pacheco, Jorge Coira, Alberto Vázquez, Javi Camino, Xose Antonio Touriñán etc. son algún dos nomes que pasaron polo Interplay. Tamén plataformas, canles e empresas como RTVE (PlayZ), Atresmedia, Globomedia, Mediaset (Mtmad), Playground, Vice, CRTVG, Portocabo ou Radio Primavera Sound pasan cada ano pola nosa ZONA PRO.

Vémonos en Carballo! 


Equipo

Dirección SONIA MÉNDEZ

Produción ANA DIXITAL

Actividades ANDREA VILLA

Comunicación SARA RIVEIRO

Series e gala SANDRA LESTA

Imaxe gráfica ISA VILA

Redes LARA CAMPAÑÓ 

Axudante de produción ELENA MANSINHO

Rexiduría MANUEL FUENTES

Cobertura audiovisual MIGUEL SILVA

Cobertura fotográfica LEO LÓPEZ

Desenvolvemento web VICTOR GONZÁLEZ

Tradución e web SARA ROCA

Auxiliar de produción SARA PIÑEIRO

Cámara MANUEL VIDAL

Técnica do Concello MAITE PARGA

Dirixe e produce CÓSMICA PRODUCIÓNS (con link á web https://www.cosmicaproducions.gal/)

Organiza Concello de Carballo, Carballo Turismo.
 
Coa financiación de Xunta de Galicia, Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e coa colaboración económica da Área de Cultura da Deputación da Coruña.