Ven facer un Dinosaurio!
Non é un curso… é unha experiencia audiovisual kamikaze.
Tres días de creatividade traballando en equipo con profesionais do mundo audiovisual. Os/as participantes enfrontaranse ao reto de idear, gravar e postproducir capítulos de serie Dinosauro. Os capítulos resultantes estrearanse na apertura da IX edición do festival.
As prazas asignaranse despois dun proceso de selección. Non fai falta ser profesional para participar, só ter ganas de vivir unha aventura audiovisual. O prazo de pre inscrición pechou o día 28 de marzo. Unha vez prerexistrado a organización se porá en contacto contigo para indicarche o modo de pago para formalizar a túa praza.
Info
DIAS: 4, 5, 6 de abril
HORARIO: 09:00- 14:30 // 15:30-21:00
LUGAR: Raz Surf Camp (Razo, Carballo)
PRAZAS: 24
PREZO: 150 euros (incluida dieta e aloxamento)
Non se proveerá de material técnico.
Monitor@s
XULIO ABONJO
Actor galego de longísima traxectoria en cine, televisión e teatro formado en arte dramáticas pola USC, entre outros múltiples cursos e formacións. Traballa en longametraxes como “Malencolía”, “Ons”, “Los Fenómenos” o “Encallados” de Alfonso Zarauza, “¿Qué hicimos Mal?” de Liliana Torres o “María y los demás” de Nely Reguera. Tamén en series de televisión como “Fariña”, “Serramoura”, “Padre Casares”, “O Nordés”, “4º sen ascensor” “Terras de Miranda” ou “Cuestión de sexo”, entre outras. Tamén en internet é coñecido polas series web “Entre Pipas” ou “Angélica y Roberta”.
[IG]
GON CARIDE
Gon estudou Comunicación Audiovisual en Salamanca e con 25 anos emigrou a Nova York, onde estudou un máster intensivo en Dirección e Dirección de fotografía. Desde entón traballou como realizador, guionista, montador, fotógrafo, analista de guión e director de fotografía en Estados Unidos, Reino Unido, Polonia, Francia, Australia e España. Cos seus dous primeiros curtos de ficción, ‘’October’’ e ‘’Deux Options’’, estivo seleccionado en máis de 100 festivais internacionais en 25 países distintos, e os seus traballos conseguiron múltiples premios internacionais.
LAURA DOVAL
Produtora e socia co-fundadora de Gaitafilmes, Laura é produtora executiva da longametraxe Dhogs (2017) de Andrés Goteira, unha película que cultivou numerosos premios, entre eles trece Mestre Mateo. Entre os seus últimos traballos destaca o recentemente estreado documental ‘’Welcome to ma maison’’, finalista nos XX Premios Mestre Mateo. Actualmente traballa no desenvolvemento de varias longametraxes de ficción (Monstro, Sucio Pó Estelar…) e documentais (Aurora), entre outros proxectos audiovisuais, así como na posta en marcha xunto aos seus socios Suso López e Andrés Goteira dun Estudo Rural de Edición Cinematográfica na aldea de Mestre (Ribeira de Piquín). Tamén é responsable de márketing e comunicación de todos os proxectos de Gaitafilmes, e traballa como Social Media Manager para diversas empresas.
DAVID FIDALGO
David Fidalgo é realizador de curtametraxes de animación cun carácter moi persoal. Coa súa última curtametraxe ‘’Homomaquia’’ conseguiu un nomeamento nos premios Goya 2020, o Premio do Público no Festival de Málaga e o Mestre Mateo, entre outros, ademais de estar presentes en moitos festivais. Foi gañador do Premio a Mellor Proxecto de Webserie do Carballo Interplay 2020, co que puido dar inicio á súa serie Cacola. Agora mesmo atópase desenvolvendo súa curtametraxe Sandwich Cat e ideando máis movidas.
MARCOS NINE
True Crimer, Non-Ficcioner, Vertov Lover, Vellenial, Navajo Suizo, lo mismo te escribo un capi de Serramoura que fago unha peli experimental. Teño especial predilección polas cousas híbridas, as mesturas e as lecturas que nacen de relacionar cousas entre sí. Son fiel defensor da idea de que se non fuches capaz de facer a túa peli na rodaxe, na montaxe tes centos de pelis posibles. Gústame guionizar a realidade. Ultimamente veño de escribir un True Crime para Atresmedia que agardo vexa a luz durante o 2022 e dou voltas por aí cun filme titulado A virxe roxa que está a ter unha fabulosa acollida entre o público e do que se están escribindo cousas realmente fermosas. Anteriormente dirixin A viaxe de Leslie (2014), La Brecha (2011), Radiografía dun autor de tebeos (2010) entre outras cousas que desde que comecei en 2001 escribindo Mareas Vivas me tiveron ocupado e entretido os últimos 20 anos.
IRENE PIN
Irene Pin estudou Comunicación Audiovisual na USC e na Universidade Aristóteles de Tesalónica, cunha bolsa Erasmus que aproveitou para especializarse en guión e dirección. Durante esta estancia co-dirixe o documental ‘’Morrer Devagar’’, un filme experiencial que se achega á realidade dos campos de refuxiadas en Grecia. En 2019 recibe o primeiro premio a desenvolvemento de proxecto no Carballo Interplay por Amnesia 3.0, primeira webserie interactiva en galego, estreada na seguinte edición do festival e recoñecida como mellor piloto no Festival de Cinema Español Emerxente. En 2020 roda, coa axuda ao talento de Agadic, a curtametraxe ‘’Somos Cárcere’’. Actualmente traballa no guión da súa primeira longametraxe, ‘’Terás que saltar’’, tamén cunha subvención de Agadic. Máis aló do seu traballo audiovisual, é autora do poemario transmedia Το βλέμμα την Ειρήνη / A ollada de Ειρήνη.