O Carballo Interplay convoca o premio a proxectos de serie en galego, que ten por obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet.
Poderán presentarse proxectos ata o 25 de marzo de 2022.
O premio ten unha dotación económica de 3.000 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres vídeos da serie do proxecto premiado.
CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS
Os proxectos presentados a este premio deben estar referidos á creación de contidos audiovisuais que han reunir as seguintes características básicas:
• Deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais.
• Poden ser de imaxe real, animación, stop motion, técnica combinada, etc.
• As creacións audiovisuais deben estar pensadas para seren publicadas e difundidas a través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes.
• Non hai ningún tipo de restrición de temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias, sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.
• Deben ser gravadas orixinalmente en galego e esta debe ser a lingua do seu título e créditos.
PREMIO
O premio ten unha dotación económica de 3.000 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres vídeos da serie do proxecto premiado.
DOCUMENTACIÓN REQUERIDA
Os/as solicitantes deberán enviar ao enderezo electrónico direccion@carballointerplay.com, e indicando no asunto do correo “Proxecto de serie en galego”, a seguinte documentación nun arquivo en formato pdf.
• Historial profesional do/a solicitante, persoa, entidade ou produtora.
• Sinopse do proxecto (máximo 1 páxina).
• Memoria explicativa do proxecto (máximo 5 páxinas).
• Guión do primeiro capítulo.
• Calendario da produción.
• Currículo do equipo técnico e artístico.
• Plan de comunicación e presenza en RRSS.
• Ligazón a teaser visual da webserie.
• Calquera outra documentación que o/a solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto.
Descarga as BASES COMPLETAS AQUÍ.