Ana Polo e Asaari Bibang

VENRES 8 DE ABRIL / 22.30

PAZO DA CULTURA

Ana Polo e Asaari Bibang, dúas das cómicas do momento, chegan ao Carballo Interplay dispostas a conquistar Galicia, a facernos rir e, sobre todo, “rajar”. Que esperar deste show? Nin nós mesmas o sabemos, así que TODO.

Processed with VSCO with a2 preset

ANA POLO

Ana Polo é xornalista e humorista. Traballou en varios programas de RTVE, Rac1 e Catalunya Ràdio.Tamén foi colaboradora e guionista do late show ‘No te metas en política’. Actualmente podédela atopar no podcast OYE POLO de Radio Primavera Sound, xunto con Maria Rovira/Oye Sherman; e en “Feministic”, programa divulgativo sobre feminismo en clave de humor de Fibracat TV. Tamén nos monólogos cos que percorre a xeografía catalá.

ASAARI BIBANG

Asaari é unha actriz e cómica de Guinea Ecuatorial afincada en España. Cando tiña tres anos desapareceu nun pequeno poboado onde se facían misas tradicionais e, coa súa nai xa desesperada por buscala, apareceu horas despois cantando e bailando co coro da igrexa. A ninguén lle sorprendeu cando dez anos despois dixo “mamá, quiero ser artista”. Participou na Riot Comedy, o proxecto feminista da cómica Penny Jay, no festival de humor feminista Coñumor e en programas como La Resistencia, Las que faltaban o Comedy Central.​ En 2021 presentou o seu espectáculo afrofeminista Humor Negra.​ Ademais, colabora para Pikara Magazine e El País.