VENRES 8 | 17:00

HITTE

Nun angustioso thriller sobre o cambio climático con base científica, seguimos a varios personaxes nun barrio residencial dunha cidade arrasada por unha onda de calor que o consome todo. Máis rápido do que crían posible, loitarán polas súas vidas contra o achicharrante calor, á vez que redescobren o valor da humanidade en tempos de desesperanza.

PAÍSES BAIXOS

[VI] [WEB}

DELICIAS AMARGAS

Nunca xogaches a adiviñar de que fala a mesa do teu lado nun restaurante? Na cervecería Monte do Gozo, nunca serias quen de adiviñar o que está a acontecer nesa conversa.

ESPAÑA

[IG] [FB] [YT] [WEB]

DHANASRI, JULIES E AS PANTASMAS

Dhana leva sen falar desde os 4 anos. Tímida e indecisa, sempre está entre as súas dúas amigas, Julie L. (pragmática e transversal) e Julie N. (unha soñadora a piques da depresión). Tres mulleres trintaneiras á deriva, vivindo nunha casa minúscula en Marsella, cuxas vidas cambian cando Dhana herda un castelo na Provenza e, entusiasmadas por escapar dunha vez das súas desgraciadas vidas, deciden establecerse alí. Pero o castelo está abandonado e carecen dos medios para ser restaurado; o seu futuro vólvese de novo desalentador. Ao cabo dunhas noites, Julie N. descobre que tres pantasmas habitan o castelo.

FRANCIA

[YT]

AMNESIA 3.0

Un universo distópico sen memoria. Tres historias nun relato interactivo que procura respostas: como e por que aconteceu o borrado? Hai maneira de revertelo? A verdade, como sempre, pode ser múltipla.

ESPAÑA

[IG] [FB] [YT]

QUERIDA CONCHI

Divertidísima comedia de animación surrealista que segue a vida dun matrimonio de anciáns na súa casa.

ESPAÑA

[YT] [IG] [FB] [TW]