VENRES 8 DE ABRIL / 20.00

PAZO DA CULTURA

RESERVA A TÚA ENTRADA AQUÍ

Non se pode saber de todo pero Andrea Gumes reúne en Tardeo colaboradoras que saben moito de cinema e series, feminismos, astroloxía, alimentación, libros e cómics, racismo, menstruación, sexualidade, tendencias, videoxogos, vivenda digna, saúde mental… En definitiva, todas as cousas importantes da vida. O  magazín de cultura e actualidade de Radio Primavera Sound, en exclusiva e en directo dende o Carballo Interplay. E ademais… con Nerea Pérez de las Heras como convidada especial!

ANDREA GUMES

(Barcelona, 1987) é  politóloga e xornalista cultural. Usa a súa incontinencia verbal para gañar adeptos en Radio Primavera Sound, no podcast que comparte con Anna Pacheco, Ciberlocutorio, e o programa diario de actualidade cultural, Tardeo. Quizais tamén a veredes conducindo o programa de  webseries Tube d’Assaig e falando da internet no programa cultural Àrtic, ambos de  Betevé. Ás veces dálle por escribir, podedes atopala na antoloxía de relatos Ya no recuerdo qué quería ser de mayor (Temas de Hoy, 2019), (h)amor 7 roto (Contintametienes, 2022), e agora como columnista na revista Rockdelux. Colabora tamén con Playground, Catalunya Ràdio e TV3. Ademais no seu tempo libre escribe os horóscopos mensuais de Vogue.

NEREA PÉREZ DE LAS HERAS

É coñecida polo seu traballo como xornalista e dramaturga. Leva anos facendo humor político en público a través do show Feminismo para torpes que se converteu nun libro (Planeta) e unha serie de vídeos para o diario El País, o podcast Saldremos mejores xunto a Inés Hernand e a obra de teatro Como hemos llegado hasta aquí xunto a Olga Iglesias. Ao longo da súa traxectoria profesional escribiu en medios como El País, SModa, Mujer hoy, Vogue, Esquire, Marie Claire e Glamour e colaborou en diversos programas de radio e televisión como “A vivir” na Cadena Ser e “Las que faltaban” en Movistar.

Ana Garriga e Carmen Urbita (Las hijas de Felipe)

Ana Garriga e Carmen Urbita coñecéronse en Providence (Rhode Island) en 2016 cando empezaron un doutoramento na Universidade de Brown. Xuntas son Las hijas de Felipe, nome co que en 2020 empezaron a gravar un podcast sobre recunchos esquecidos do barroco, sempre guiadas pola premisa de que “todo o que che estea pasando a ti agora, xa lle pasou a alguén nos séculos XVI e XVII”.