No Carballo Interplay cremos que na internet se poden crear grandes cousas: dende medios de comunicación que van máis alá do mainstream para aportar novos puntos de vista ata centros de producción de saberes completamente gratuitos e abertos a todo o mundo.
Aínda que concibimos e queremos unha rede para compartir, coidar, rir, apoiar e aprender, ás veces, como reflexo da sociedade na que vivimos, tamén pode ser un lugar moi hostil para minorías sociais ou albergar unha chea de discursos de odio, fascistas ou machirulos. “Amiga, yo te cuento” é un espazo seguro para falar de como navegar e fulminar esas hostilidades e seguir sendo e opinando ata que non existan esas barreiras. Un sitio no que poder reflexionar sobre os fenómenos culturais que nos gustan sen prexuízos, dende o presente ou dende a nostalxia.
Porque as nosas ponentes de “Amiga, yo te cuento” falan cinco segundos e son capaces de deixarche pensando horas. Poucas persoas máis guais atoparedes na rede, PROMETIDO.

EXCOMPLICE/CULOMALA
Alejandra é unha artista dixital de 27 anos nacida en Bilbao, actualmente residente en Madrid. Traballa sobre os xogos incómodos que interferen na lectura intrapersonal e relacional. Utiliza a síntese como ferramenta comunicativa, dando espazo á chiscadela poética dos conflitos emocionais internos. Comunicando desde o incómodo, converte a curiosidade nunha arma introspectiva para así crear portais cara á reflexión. Para iso, traballa a través de intelixencia artificial xerando vídeos e instalacións onde a nostalxia e o pensamento mergúllanche en sensacións concretas.

ESTELA ORTIZ
Analista cultural e comunicadora, especialmente de todo o que teña que ver coa cultura dixital, audiovisual e o feminismo. Fago radio en ‘Els Experts’ de iCat.fm e no podcast ‘Sabor a WIFI’. En Youtube fago videoensayos analizando fenómenos culturais tan diversos como Shrek, o reguetón ou os cryptobros.

PROYECTO UNA
Proyecto UNA é unha colectividade millennial que ten como cometido desenmascarar as novas formas de fascismo que se ocultan baixo simboloxía aparentemente inofensiva, así como recoñecer e dar valor ás alianzas feministas forxadas á calor dos píxeles. Dende o popular e o comunitario, investigan sobre as guerras culturais de poder nos medios, Internet e a realidade analóxica. Están dispostas a rir a gargalladas dende a barricada, porque lles vai a vida niso.