Talk show con Belén Puime e Uxía Vázquez
Talk show con Belén Puime e Uxía Vázquez. Millenials ou Gen Z, como rapazas nacidas a finais dos 90’s non saben moi ben onde ubicarse. O que sí que teñen claro é que son rapazas NOVAS… pero ata cando?
Falarán con distintas personalidades da xuventude galega sobre o futuro adulto que pouco a pouco está máis preto delas. Como vai afrontar esta xeración ser adultos funcionais? Que cambios consideran que deben existir no ámbito laboral? Son unha xeración de cristal? Unha charla, que ben podería darse nun bar ou no baño dunha discoteca barata, pero que agora chega ao Carballo Interplay para xerar debate e conversa entre todas esas persoas novas que sinten pánico a asumir o paso do tempo e o fin da etapa formativa.
BELÉN PUIME
Nacida na Coruña en 1998. É graduada e Premio de Excelencia en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Cursou o mestrado de formación para o profesorado de secundario, no que levou a cabo o seu proxecto sobre a implicación do Tik tok dentro do ensinonos institutos.No entorno laboral, dende o 2019 ata o 2021 foi a directora de produción da longametraxe “Un sol radiant” (gañadora no Festival D’A 2022) traballou como axudante de produción en desenvolvemento de produtos de ficción na empresa galega Setemedia e actualmente, traballa como creativa na produtora Unicorn Content.
UXÍA VÁZQUEZ
Nacida na Coruña en 1996. É graduada pola USC en Ciencias Políticas e da Administración e en Traballo Social. Nos últimos anos traballou como axudante de coordinación do servizo de axuda ao fogar, e conta con experiencia e formación nos ámbitos de xénero, migración e diversidade sexual. Paralelamente á súa formación, Uxía deu o salto ao mundo audiovisual creando o podcast “Falar sen saber”.