Os finalistas deste premio a proxectos de webserie en galego que convoca o Concello de Carballo terán que defender as súas propostas diante dun xurado composto por Xose Regueira (Concelleiro de Turismo e Promoción económica do Concello de Carballo), Sonia Méndez (Directora do Carballo Interplay), Adrián Lede (xornalista), Anxos Fazáns (directora de cine).
Os proxectos finalistas terán 10 minutos para defender o seu proxecto e agárdaos un premio de 3000€ para a produción da súa webserie.
Estes son os catro proxectos finalistas.
CAMPING GAS (OS NOTAS)
Comedia, falso documental
Camping Gas: Os notas é unha webserie con formato sitcom que trata dun grupo de amigos: DO, R.E, MI, FA, SOL e LA. Son os motes de Domingo, Raúl Esteban, Miguel, Fátima, Sol e Laura, OS NOTAS; seis amigos que se xuntan para pasar unhas merecidas vacacións nun camping no que grabarán un videoblog moi especial. Entre queimaduras, risas, xogos, clases de surf e sendeirismo vivirán unha experiencia para celebrar o aniversario do falecemento da séptima nota, SIRA (SI), para quen graban o videoblog.
Dirección: Andrea Varela
Guión: Daniel Porteira
Produción: Tania Ríos
Reparto: David Carbó, Pedro Galocha, Raul Martín, Sara Ferro, Ánxela Ríos, Yoli Lorenzo.
DELIRIO SKETCHS
Comedia, sketchs
Os Delirio Sketchs, son cinco capítulos curtos de entre dez e quince minutos de duración, cargados de intensidade e humor febril, nos que se abordan desde o surrealismo e o delirio máis intelectualizado diferentes problemáticas que afectan a nosa sociedade. Diferentes xanelas de conflicto representadas por irreverentes sketchs. Cunha mistura de coreografías, cancións, reportaxes e momentos estelares de “famoseo underground galego” os sketchs funcionan como parte dun todo e son diferentes espellos do caleidoscopio que é a nosa realidade como galegas.
Dirección e guión: Bea Saiáns
Produción: CRU Producións
Reparto: Meiga-I, Peter Punk, O Rabelo, High Paw, Marinita y sus maromas, Drag Queen “Nenaza”, OlaxonMario.
A MOZA QUE ABORTOU E O CONTOU
Falso documental, drama vertical
“El sempre insistía en non usar preservativo. Tardei en decatarme porque teño regras irregulares. Máis co estrés. Cando ao final fixen o test e vin o positivo, aínda retrasei o aborto unha semana porque tiña un exame importante. Durante eses sete días fantaseei con ser nai: imaxineime indo coa crianza ao parque, imaxineime ensinándolle a falar e a ler, imaxineime o feliz que faría á familia. Logo decateime de que esa fantasía non era miña: eu non desexo ir coa crianza ao parque, nin desexo ensinarlle a falar e a ler; eu non desexo facer feliz a ninguén antes de facerme feliz a min. Non sei se quererei ser nai algún día: son unha personaxe de ficción interpretada por Lara Álvarez? Decidín contalo todo á miña familia na cea de Nadal. A miña irmá gravou todo o que alí pasou. Eu son Cora, a moza que abortou e o contou, e vou facer unha serie con eses vídeos”.
Creado por Eire Cid e Rosalía Quiroga e Cora.
Produción: Carola Lago
Reparto: Lara Álvarez, Gabriela Adrover, Ana San Fernando, Fran Peleteiro, Patricia Torres, Hugo Rodríguez, Óscar Alló, Neves Rodríguez.
COMEZAR DE CERO
Drama, fantasía
Unha webserie sobre as amizades e o paso do tempo que conta o verán dun grupo de amigos que volve a vila onde se criaron xuntos. Alí atoparanse coa súa infancia e daranse conta de que xa non son os mesmos, de que as relacións entre eles cambiaron, e de que hai momentos na vida nos que hai que pasar páxina e comezar de cero.
Dirección: Alejandro Felipe López
Guión: Alejandro Felipe López, Sara Diéguez Rivas
Produción: Andrea López Souto
Reparto: Aitana Guerra, Alberto Abal, Ania Arias, Artur López Abad, Mario Bello, Fran Vilariño, Nely Sestayo.