CHATEAU LAURIER – 2ª TEMPADA
Segunda tempada da galardoada serie de éxito (3 millóns de visitas). As recentemente casadas, eduardianas, Hattie e Vivian, navegan pola vida alén do ‘’Si, quero’’ e aprenden que o día a día como herdeiras do gran hotel Chateau Laurier trae consigo fondas, frechas, inimigos, oportunidades e conflitos. Cando se inaugurou en Ottawa en 1912, o gran hotel representaba todo o extravagante e privilexiado dos albores do novo século. A cidade que o rodeaba era pouco máis que unha fronteira.
HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
A serie webdoc HISTORIAS ARREDOR DA VIDA xurde a partires da celebración do 400 anos do Muiño da Seca de Cambados e do mar que o rodea.
PRINGADAS
Hai moitas situacións na vida que nos fan suspirar e dicir ”Lol, vaia pringada”, e Xoana, Catu e Antía están listas para contárnolo.
OFF THE RECORD
Diego, un xornalista aburrido do seu traballo, escribe historias que non interesan a ninguén para unha revista en liña. Tras realizar unha torpe entrevista a unha antiga estrela infantil, o seu estilo vólvese viral. Como as visitas son as que pagan os soldos, acaba sendo obrigado polo seu xefe Mauro a presentar ”Off The Record”, un programa de entrevistas onde auténticos influencers contan os seus traumas e segredos.
MOTHERHOODLAND
Un documental en formato de webserie sobre a vida como nai, desde Arxentina a Xapón.