Xoves 30 | 23:00
Casino 1889
Entrada libre
FUTURE DUCK
Programa sobre un parrulo que chega do futuro e agora vive cunha balea semi-evolucionada e un T-Rex femia e un sensible muffin inglés. Promete formar parte do teu listado de tres “programas sobre un parrulo que chega do futuro e agora vive cunha balea semi-evolucionada e un T-Rex femia e un sensible muffin inglés”.
VENTURA TIME
Desde o seu propio salón, día a día o matrimonio Collblanc narra os seus periplos.
COMALAND
Dous marxinados sociais, fartos da súa vida, quedan por un foro de internet para suicidarse xuntos nun motel de estrada. Debido á súa ignorancia, non lles sae de todo ben e sobreviven, pero rematan en coma. É entón cando coñecen Comaland onde chegan coa forma daqueles que sempre quixeron ser: un guerreiro medieval e un gánster negro na rúa.
ORFANATO ATROZ
Un Orfanato nunha illa no medio de quen sabe onde. Unha directora cun trastorno de personalidade. Un grupo de internos que sobreviven nun universo esmendrellado e aleatorio.
NIÑO RATÓN
Niño Ratón conta as NON-Aventuras dun neno rata de internet que vive sentado no seu sofá, facendo a vida imposible aos seus Youtubers “favoritos” mientres xoga a videoxogos ou twittea porcalladas co seu móbil.
PÉSAME STREET
Que nos dirían os animais se puidesen falar? De seguro que nada bo…
LORDSON & JESUS
Irreverente, aceda e enfermiza. Lordson & Jesus trae a colación situacións e noticias actuais, sen ningún tipo de distorsión, cunha claridade tan evidente como unha puñada na cara. Lordson & Jesus atopan a súa sorte empezando desde abaixo, enfrontándose a todas as etapas sociais, estúpidas e obrigatorias, unicamente para chegar a ser ‘’bos cidadáns”.
QUERIDA CONCHI
Divertidísima comedia de animación surrealista que segue a vida dun matrimonio de anciáns na súa casa.