CÉSAR RAMA ”CÉS”

Son CéS, teño 20 anos e son dunha aldea de Carballo. Son creador de contido en galego, modelo, DJ e fotógrafo (una mocatriz vaya). Gústame moito o mundo da moda e a cultura pop. Estudei fotografía e aí comecei co mundo da modelaxe posando para as miñas compañeiras de clase para traballos.

Un día no verán de 2020 estaba confinado na miña habitación e decidín subir un baul de roupa que comprara a Tiktok, viralizouse e fun subindo vídeos. A xente xa me recoñecía pola rúa e esas cousas! (moi forte). E como DJ comecei a pinchar a principios deste ano e é un mundo que tamén me gusta moito porque me encanta a música (e saír de festa).

XACOBE BRUÑA

Son Xacobe Bruña Alonso, teño 17 anos e son de Lugo. Son bailarín, fotógrafo, actor e cineasta. Integrante da compañía de teatro Os Palimoquiños de Lugo. Curso último grado do Conservatorio Profesional de danza de Lugo, nas especialidades de danza clásica e contemporánea. Gañador do Certame nacional de audiovisuais “Participa Meliés” 2022 na categoría Junior. Recentemente forma parte do elenco de “As Neves” dirixida por Sonia Méndez. Gústame o cine.

XULIA LOMBA

Xulia Lomba (she/her/ela) é xornalista no departamento de Extensión Audiovisual da CRTVG. Con estudios tamén en dereito e publicidade está especializada na creación de contidos dixitais e estratexia. Ten titulítis crónica herdada pola sociedade actual.

Cocreadora de ACousa, revista de difusión dixital, coa axuda económica do premio Nacho Mirás do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a axuda da man de obra das súas grandes amigas e compañeiras de traballo. Entre as súas perspectivas de futuro confirma que xa non quere ser unha tía chulísima porque o termo xa é mainstream, actualmente está na procura de converterse nunha tía #BimbayLolized.