Aberto o plazo para inscribir a túa serie á competición oficial da 9ª Edición do festival Carballo Interplay. 

Poderán presentarse a competición aquelas series producidas entre os anos 2020 e 2022 que teñan un mínimo de 3 capítulos emitidos no momento da inscrición.

Os episodios inscritos poden ser de calquera duración, temática, xénero, de imaxe real ou animación, nacionais ou internacionais.

A inscripción é gratuita e faise cubrindo debidamente este formulario de inscrición ou a través da plataforma Filmfreeway

A data límite para a inscrición é o 20 de febreiro de 2022.

* Para a inscrición e visionado das series en idiomas que non sexan o galego ou o castelán é obrigatorio que cando menos estean subtituladas en inglés ou nun destes dous idiomas.

Os premios otorgados serán os seguintes:

  • Mellor serie: 800 euros e trofeo
  • Mellor serie versión orixinal en galego: 800 euros e trofeo
  • Premio do xurado novo: 400 euros e trofeo
  • Premio do público: 400 euros e trofeo
  • Premio a mellor guión: 200 euros e trofeo
  • Premio a mellor dirección: 200 euros e trofeo

Puedes descargarte as bases completas AQUÍ