Sábado 6 de abril

Mercado de Carballo

11:00

Internet saíu das pantallas para impregnar cada detalle das nosas vidas. Falamos de internet (e ás veces como en internet), escribimos de internet, pensamos sobre internet. Facemos camisetas con memes, publicamos libros deles, vendemos pegatinas… Imprimimos internet? Temos medo a que o dixital desapareza? Para este panel contamos con creadoras e creadores de memes e contidos dixitais, así coma con analistas e curadoras expertas en tendencias. Con Álvaro L. Pajares, Marina G. Canedo, Rafa López, e Ainhoa Marzol.

Álvaro L. Pajares. Profesor, escritor e creador de contido en redes sociais. Dende 2020, compaxina o seu traballo como divulgador e mememaker ca comunicación creativa para partidos políticos e marcas en TikTok e Instagram. Na actualidade a súa investigación céntrase no estudo da historia do contido dixital en España e a aparición de discursos de odio contra minorías en foros como reddit e 4chan. En marzo de 2023 copublicou un libro sobre memes e cultura de Internet.

Instagram: @alvarolpajares | Twitter: @policiadelafect | Tiktok: @memeceno

Marina G. Canedo. Marini para as amigas, é creadora de contido político. E feminista. Moi feminista. Pasando por estudos creativos, partidos políticos e plataformas de streaming, na súa carreira sempre xuntou o activismo e a comunicación. Xuntando o humor ácido e a vocación social, o seu proxecto Gente2020 (podcast codirixido con Monstruo Espagueti) creceu rapidamente. Alcanzou millóns de reproducións en RRSS e o Forbes Top 50 Best in podcasting en so un ano de percorrido. A día de hoxe co-dirixe un estudo creativo meme-centered con Álvaro L. Pajares centrado na investigación de novos formatos.

Instagram: @mgcanedo | Tiktok: @mgcanedo_

Rafa López. Creador da conta afirmacion.es, referente en creación de memes e autor do libro Sería imparable si no estuviese un poco triste: Afirmaciones positivas para un futuro brillante. Considérase un “creador de memes en forma de afirmaciones positivas para que la gente se olvide un poco de lo mal que nos va en la vida”.

Instagram: @afirmacion.es

Ainhoa Marzol. Amante do cine, curiosa da Internet e apaixonada da cultura pop. Ten un grado en International Business e un máster en Xestión Cultural pola Universidade de Barcelona. Escribiu e colaborou en diferentes medios como Código Nuevo ou Radio Primavera Sound sobre cine e series, e en EITB, Rockdelux, ou o CCCB Lab sobre cultura de internet, memes e tecnoloxía. Actualmente traballa en prensa e comunicación cultural, e durante a fin de semana escribe sobre tendencias na newsletter Gárgola Digital.

Instagram: @ainhoamarzol Tiktok: @noakrakatoa