Domingo 7 de abril

Mercado de Carballo

12:30

Humor con Lucía Veiga e Marita Martínez para a entrega de premios desta edición do festival.

O dúo cómico e de improvisación Izquierdo Sisters (Marita Martínez e Lucía Veiga) nace no ano 2012 como proxecto de dúas actrices, que adoran traballar xuntas. A raíz de alzarense co 1º premio no I Campeonato Galego de Impro 2013, deciden continuar con esa faceta como dúo, dende dentro da compañía “Los Duguis Impro” (con espectáculos como Spin Off, Improcadabra, Versión Beta, Impro Top Manta, Cadena Impropetua, Libre Configuración) e como compañía independente (con shows de Literatura e Impro, Impro Infantil e Impro tematizada para adultos, como Galician Horror History, ParaSimpáticas, Movidas Bizarras…).