PETISCOS NO DERBY CIP 22

CIP22PanelShow

Café Derby 21 é un podcast que nace das conversas de cociña dun piso de estudantes. Adrián Lede, Nicolás Carreira e Carme D. Prol xúntanse cada semana cun convidado/a relacionado coa cultura galega para facer unha tertulia aberta sobre a carreira do convidado/a, actualidade e o que xurda. Esta vez ábrennos as portas da súa saliña de estar para verse as caras con algúns dos creadores e creadoras do momento nas novas narrativas dixitais do país.