Skip to content

CARBALLO é unha vila ao noroeste da provincia da Coruña, no noroeste de Galicia e tamén no da Península Ibérica. Ten 30.000 habitantes e é a capital da comarca de Bergantiños. Sitúase ás portas da Costa da Morte, unha zona marítima coñecida polos seus naufraxios, as súas sobrecolledoras paisaxes e cantís e por praias como a de Razo, estupendas para facer surf. Na Costa da Morte a forza da marea é quen de afundir petroleiros, facer medrar os mellores percebes do mundo ou provocar a éxtase sensorial dos seus visitantes, especialmente cando hai temporal. Tamén dos seus habitantes, que malia todo levan con bastante tranquilidade iso de vivir na fin do mundo. 

Alí nace no ano 2014 o festival  CARBALLO INTERPLAY como un evento pioneiro: o primeiro festival de webseries do Estado.  A partir de 2015 pasa a ser un Festival de contidos dixitais sempre atento ás novas linguaxes, englobando novas propostas e xeitos de entender a narración e a cultura audiovisual en relación coa rede, un medio en continua transformación. 

Vémonos en Carballo!

EQUIPO

Dirección SONIA MÉNDEZ 

Codirección e programación ANDREA VILLA

Produción ANA DIXITAL

Programación de series SANDRA LESTA

Imaxe gráfica ISA VILA

Redes LARA CAMPAÑÓ

Comunicación CARMEN PROL 

Actividades SARA RIVEIRO

Axudante de produción ELENA MANSINHO

Rexiduría MANUEL FUENTES

Cobertura audiovisual MIGUEL SILVA

Cobertura fotográfica AIGI BOGA

Desenvolvemento web VICTOR GONZÁLEZ

Tradución e web SARA ROCA

Auxiliar de produción SARA PIÑEIRO

Cámara MANUEL VIDAL

Técnica do Concello MAITE PARGA

 

Dirixe e produce CÓSMICA PRODUCIÓNS

Organiza CONCELLO DE CARBALLO e TURISMO CARBALLO 


EDICIÓNS ANTERIORES