categoría creador/a/e

Iago Gordillo Trigo, de Recuncho Gamer

Divulgación e entretemento sobre videoxogos

Recuncho Gamer é un proxecto audiovisual que procura a divulgación de forma amena sobre os videoxogos, entendendo a estes como un produto cultural no que converxen moitas artes. Faino a través de formatos como vídeoensaios, podcasts, entrevistas e emisións en directo ou contidos musicais.

Instagram: @iagogordillo @recunchogamer | Twitter: @IagoGordillo @RecunchoGamer | Tiktok: @iagogordillo @recunchogamer | Youtube: @IagoGordillo @RecunchoGamer

Rodri Míguez

Divulgación musical e festivaleira

Pois intento, dunha maneira amena, achegarlle á xente máis nova música en galego que penso que lles pode gustar, así como un contido entretido no que se combinan vlogs, entrevistas, xogos, recomendacións, videocrónicas, novas sobre festivais e concertos ou reflexións; todo cunha liña temática común, a música e o tecido musical galego.
Instagram: @rodrimiguez97 | Twitter: @rodrimiguez97 | Tiktok: @rodrimiguez | Youtube: Ø

Sara Seco

Lifestyle, divulgación, moda e beleza

Son Sara Seco, creadora de contido, principalmente, en TikTok. Aínda que o meu contido principal son os vlogs diarios, tamén subo contido sobre estilo de vida, moda, beleza e divulgación cultural sobre o galego. 

Instagram: @sarasecorial | Twitter: @SaraSecoRial | Tiktok: @sarasecorial | Youtube: Ø

Laura Veiga, de Pingando

Divulgación menstrual e educación sexual

Son unha comunicadora que descubriu a divulgación científica e xa non quixo soltala. A día de hoxe dedícome a poñer os tabús e os mitos enriba da mesa para que deixen de selo.

Instagram: @pingando.gal | Twitter: @PingandoG | Tiktok: @pingando.gal | Youtube: @pingando_gal

Prado Rúa

Cultura

Eu son unha creadora de contido que lle gusta reflectir nos seus vídeos as paixóns e o que lle mola facer. Houbo diversas temáticas que me foron interpelando ao longo da miña vida, como os vídeos relacionados coa emigración, con Castelao ou co centro galego de Buenos Aires. Non me gusta  definirme nun nicho concreto porque: un día podo podo gravar como me fago un eyeliner en forma do Pelegrín e, ao seguinte, explicar a historia da Rianxeira. 

Instagram: @prado_rua | Twitter: @rua_prado | Tiktok: @pradorua | Youtube: @pradorua2865

categoría mellor canle

OU ké!

Contidos de política, cultura e deporte dende unha visión humorística e desenfadada. 

OU ké! é un medio de comunicación que naceu no contexto dunhas eleccións municipais na cidade de Ourense que quixemos contar de xeito diferente. Trala política, o noso obxectivo é diversificar e engadir a cultura e o deporte ás temáticas das que falamos nos nosos formatos.

Instagram: @ouke_gal | Twitter: @Ouke_gal | Tiktok: @ouke_gal | Youtube: @ouke_gal

O Faiado Podcast

Humor, cultura e entrevistas

Este Faiado non é o que se atopa na parte máis alta das nosas casas, non. Para subir ao noso faiado hai que escoitar todas as conversas que gardamos con moita ilusión para vós. Unha vez dentro, atoparedes un espazo, agardamos que acolledor, e unha das últimas incorporacións ao mundo dos podcast galegos (e en galego). 

Instagram: @faiadopodcast | Twitter: @faiadopodcast | Tiktok: @faiadopodcast | Youtube: @ofaiadopodcast

Exército Mekemeke

Tips para conquistar o mundo (Humor e lifestyle)

Ola parroquia! Somos o videopodcast galego que está conquistando Internet, conectando coa xabaxeración e facendo que cada día máis mekemekes se unan ao noso exército.A nosa gorida encóntrase no soto máis escuro e profundo de Ames Radio, a radio local do concello, dende onde transmitimos para todo o mundo semanalmente dende hai catro anos.

Instagram: @exercitomekemeke | Twitter: @mekemekearmy | Tiktok: @exercitomekemeke | Youtube: @exercitomekemeke

Rebelico Revista

Cultura tradicional galega

Nas diversas redes sociais e páxina web de Rebelico Revista difundo todo tipo de temas relacionados coa cultura tradicional galega: principalmente baile, música, lendas, gastronomía, arte, literatura, etc. Pero todo co obxectivo de visibilizar a nosa raíz e poñela no lugar que merece, xa que en parte segue a estar esquecida pola sociedade.

Instagram: @rebelicorevista | Twitter: Ø | Tiktok: @rebelicorevista | Youtube: @RebelicoRevista

TOXÍO

Viaxes

TOXÍO é un proxecto multiplataforma no que, a través das nosas viaxes, pretendemos facer chegar a nosa maneira de ver o mundo e tamén dar a posibilidade de escoitar a outras persoas que nos inspiran ao longo do camiño. O veganismo e a defensa dos Dereitos Humanos son as outras dúas pedras angulares da nosa creación. A intención é que a xente poida desfrutar co contido, entreterse, pero tamén darlle unha volta máis a todo o que a rodea e que, a través das nosas reflexións, poida chegar ás súas propias.

Instagram: @toxio.gal | Twitter: @toxio_gal | Tiktok: @toxio.gal | Youtube: @toxio