Ainhoa Marzol

Amante do cine, curiosa da Internet e apaixonada pola cultura pop. É licenciada en Negocios Internacionais e ten un máster en Xestión Cultural pola Universidade de Barcelona. Escribiu e colaborou en diferentes medios como Código Nuevo ou Radio Primavera Sound sobre cine e series, e en EITB, Rockdelux, ou o CCCB Lab sobre cultura de internet, memes e tecnoloxía. Actualmente traballa en prensa e comunicación cultural, e as fins de semana escribe sobre tendencias no boletín Gárgola Digital.

Joel Bassaget 

Guionista de series de televisión de animación desde 1989, escribiu máis de 250 episodios ata a data. Tamén dirixiu algúns anuncios publicitarios, foi axudante de dirección e fundou e dirixiu o estudo de animación Marathon Berlin. En 2014 comezou a publicar artigos e análises en formato de serie curta. Publicou dous libros sobre o tema das series web e actualmente é investigador asociado na Universidade de Wollongong (Australia). Imparte regularmente conferencias e cursos sobre novos formatos de escritura e curtas.

Fran Rodríguez Casal

Artista multidisciplinar que se move nas fronteiras dos xéneros artísticos. Con interese pola interacción entre o corpo e o medio nas súas obras, utiliza desde o seu propio material ata material de arquivo utilizando como soporte o cine, a fotografía e o son. O seu traballo mostrouse en festivais como Encontros da Imaxe ou Ffoco. En 2020 participou na residencia artística X Encontro de Novos Artistas y en 2022 recibe unha beca para unha residencia artística nas Islas Aran en Irlanda para realizar un proxecto fotográfico. Recentemente participou na exposición Paisaxe_0 do Colectivo Poligonal na Galería Metro, no XIII Premio a artistas novos do Auditorio de Galicia e no festival Ffoco da Coruña.