Sábado 6 de abril

Mercado de Carballo

18:30

Este é o podcast definitivo de lesbianas falando sobre lesbianas feito por lesbianas en Radio Primavera Sound. Presentado por Laura Terciado e Bake Gómez, Safo de Mitilene é a súa pastora, nada lles falta. Recoñecemento Arco Iris do Ministerio de Igualdade 2023 a persoas destacadas na visibilización, apoio e defensa dos dereitos das persoas LGTBI.

Terci (Laura Terciado) é xornalista, Social Media Creative e co-creadora e condutora do podcast lesbofeminista ‘Maldito Bollodrama’. Compaxina o podcast co seu traballo como Creadora de Contidos en Movistar Plus+, a difusión en redes sociais e as colaboracións con El Salt.

Bake Gómez é xornalista, comunicadora audiovisual e o 50% de Maldito Bollodrama.