Sábado 6 de abril

Mercado de Carballo

12:30

As xeracións X e Z queren falar de política nas súas casas, coas súas amizades, cos seus ligues e, por suposto, tamén en internet. Nun contexto social cada vez máis polarizado, aumentan as voces novas que constrúen lazos e traballan alternativas dende o eido dixital. Voces activistas, feministas, decoloniales e antifascistas de Galicia e outros puntos de España que buscan demostrar que a xente nova quere traballar para facer deste un mundo mellor. Cuestionando o establecido para construír en positivo. Con Iván Iglesias (OU ké!), Carretando, Alán Barroso, Sergio Gregori, Ayme e Marina Lobo.

Iván Iglesias (OU ké!) Xornalista e fundador do medio Medio de comunicación ourensán  medio dixital nativo das redes sociais OU ké! no que achegan a realidade política, social e cultural de Ourense e Galicia á cidadanía.

Instagram: @ouke_gal | Twitter: @ouke_gal | Tiktok: @ouke_gal

Román Varela (Carretando). Podcast sobre política galega especializado en xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica.

Alán Barroso. Experto en comunicación política, colaborador e analista en diversos medios de comunicación a nivel estatal. Creador de contidos dixitais de carácter político nas súas redes sociais.

Instagram: @alanbaaa/ | Twitter: @AlanBarrosoA | Tiktok: @alanbarrosoa

Miriam Jimenez Lastra. Miriam é feminista, vegana e activista dos dereitos humanos. Socióloga, politóloga, mediadora e divulgadora en redes sociais. Nas súas redes comunica temas políticos de actualidade, teorías sociolóxicas e as súas coñecidas receitas veganas proletarias, coas que transmite que non son necesarios grandes recursos para seguir unha vida vegana. Ponente en congresos, congresos e feiras, colaboradora en programas de debate como PlayZ, podcasts como Malditos Veganos e escribe en xornais dixitais como El Salto ou El Confidencial. Membro da directiva do grupo de pensamento e comunicación política Ideas En Guerra.

Ayme. Divulgadora de filosofía, feminismos e política en redes sociais, creadora audiovisual e analista en medios e prensa escrita. Publicou o breve ensaio “Después del #MeToo” (Penguin Random House). 

Instagram: @aymeroman | Twitter: @_ayme | Tiktok: @aymeroman

Marina Lobo. Guionista, presentadora e cómica. Coordinadora de guion de Hora Veintipico na Cadena Ser, colaboradora de A Vivir e presentadora de HECD! (Hasta el Coño De) un programa de actualidade e humor onde analiza a actualidade e defende a xustiza social que se emite no Twitch de Spanish Revolution e na canle de Youtube de Público.

Instagram: @marinalobo_l | Twitter: @marinaLobL | Tiktok: @marinalobol