Sábado 6 de abril

Mercado de Carballo

17:00

No medio das loitas de bots e discursos de odio, nace Pantube. O nome fai referencia ao “breadtube” anglosaxón, un movemento de creadores e creadoras de contidos dixitais de esquerdas onde se ponde atopar referentes do videoensaio coma Contrapoints, Lindsay Ellis e Abigail Thorn.No caso da versión española, Pantube funciona como colectivo independente pensado para dar apoio, difusión e axuda mutua a creadores que busquen combatir a hexemonía mediática racista, machista, clasista e LGBTBIfóbica. Contarannos máis Proyecto UNA, Alba Lafarga e Oriol (Infusión Ideológica).

Proyecto Una. Colectividade millennial co cometido de desenmascarar as novas formas do fascismo que se agochan baixo simboloxía aparentemente inofensiva, así como recoñecer e dar valor ás alianzas feministas forxadas a través dos píxeles. Analistas de internet e autores do ensaio Leia Rihanna y Trump, De cómo el feminismo ha transformado la cultura pop y de cómo el machismo reacciona con terror

Instagram: @proyectouna | Twitter: @proyectouna | Tiktok: @proyectouna

Alba Lafarga. Xestora cultural e divulgadora en Youtube cunha canle que mestura a filosofía e a cultura pop millenial. É graduada en filosofía e colaborou na produción e a comunicación de actividades culturais con diversas institucións como o CCCB ou o festival de filosofia Barcelona Pensa. 

Instagram: @albalafarga.filo | Twitter: @AlbaLafarga | Tiktok: @albalafarga27

Oriol Erausquin (Infusión Ideológica). Ten un perfil en Twitter e en Instagram onde trafica con memes anticapitalistas e propaga ideas decrecentistas denunciando a precariedade xuvenil e os luxos das elites. Recentemente empezou o podcast Tajos Verdes, sobre as mesmas temáticas. En Youtube colga vídeo-ensaios onde analiza, critica e divulga sobre cuestións sociopolíticas máis xerais. Oriol graduouse en Filosofía, Política e Economía, e actualmente é contratado FPU no Instituto de filosofía do CSIC e a UCM, desde onde se está doutorando en socioloxía sobre desinformación e teorías da conspiración de extrema dereita. 

Instagram: @infusion_ideologica | Twitter: @Infusionlogica | Tiktok @tajosverdes