Xoves 4 de abril

Mercado de Carballo

11:30

Café Derby 21 é un podcast galego con 4 temporadas de vida. Conversas sobre cultura e sociedade cun café na man e as convidadas/os máis especiais do panorama cultural galego. Pestiscos no Derby é un show especial preparado para o Carballo Interplay no que Adrián Lede, Nico Carreira e Carme D. Prol conversan con novos talentos da creación dixital en Galicia. Queres saber quen son nesta edición?

Blondiemuser. É unha bióloga que compaxina a súa profesión ambiental xunto coas redes sociais. Grazas a elas logra concienciar aos seus seguidores sobre a importancia de coidar o noso planeta. Por iso no seu perfil de Tiktok e Instagram atoparás vídeos “ecofriendly” pero tamén vídeos de diversas temáticas (comedia, sketches, lifestyle…).

Instagram: @blondiemuser | Twitter: @blondiemuser | Tiktok: @blondiemuser

Pablo Meixe. Un cómico ao que lle apetecía adicarse a comedia e empezou a facer comedia en moitas partes pero foron as redes onde lle empezaron a facer máis caso.

Instagram: @pablomeixe | Twitter: @pablomeixe | Tiktok: @pablomeixe

Paula Jorge. Nada en Burela, na Mariña de Lugo hai 34 anos. Filla de inmigrantes caboverdianos que viñeron buscar unha mellor vida. Seu pai sempre foi mariñeiro e a súa nai, ama de casa e traballos varios. É mestra e por afición estudou maquillaxe para dar visibilidade ás peles negras no mundo da maquillaxe. Crea contido nas súas redes sociais en galego e intenta facer divulgación do seu emprego.

Instagram: @pau_jh | | Tiktok: @paulablackmakeuplover

Lidia Veiga. É unha das actrices galegas do momento. A día de hoxe é profesora de teatro en asociacións culturais e centros educativos, locutora e creadora de contenido no podcast O Exército Mekemeke. No último ano estreou traballos como “Os Argonautas e a moeda de ouro”, “Matria”, “El Tirabeque” ou “Cando Toco un Animal” e acaba de arrancar a xira por Galiza e España coa nova obra de teatro IRIBARNE co-producida pola compañía ButacaZero e polo Centro Nacional Dramático. 

Instagram: @lidia_veiga_ | Tiktok: @lidiaveiga

Rodri Míguez. Creador de contido musical en galego para TikTok que centra a súa labor na divulgación de música en galego e festivais e concertos galegos. Entre os diversos formatos da canle, destacan as recomendacións de artistas en galego, entrevistas musicais con diversas personalidades, vídeos debullando fitos históricos da música en galego, vlogs sobre festivais e concertos, reflexións sobre a industria musical ou vídeos informativos sobre concertos e festivais na Galiza.

Instagram: @rodrimiguez97 | Twitter: @rodrimiguez97 | Tiktok: @rodrimiguez