CONDICIÓNS XERAIS

A 12ª edición do festival Carballo Interplay que terá lugar en Carballo (Galicia) do 24 ao 27 de abril de 2024 convoca a inscrición para a categoría “Creación dixital galega”, que ten por obxectivo poñer en valor e visibilizar o traballo dos creadores e creadoras que difunden contidos en lingua galega na internet.

A inscrición é gratuíta e a data límite para a inscrición é o 23 de febreiro de 2025

REQUISITOS E INSCRICIÓN DE TRABALLOS

Os proxectos deben de ser de creación propia e estar en lingua galega. As canles de difusión serán Youtube, TikTok ou Instagram ou calquera plataforma online que estea activa no momento da inscrición.

Poderán inscribirse tanto creadores e creadoras como proxectos de contido específicos dentro dunha canle ou canles completas.

Non hai ningún tipo de restrición de formato, temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias, sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén.

Os proxectos deben ter un historial comprobable de publicacións e intención de continuidade. O comité de selección poderá solicitar a información necesaria para verificar dito historial.