Venres 5 de abril

Mercado de Carballo

18:00

No seu debut no Carballo Interplay, Pol Mallafré ensinaranos a crear vídeos para internet. Abordarase enfoques sinxelos, formatos, montaxe, ritmo… e contaranos como podemos facer realidade case calquera cousa que nos propoñamos para facer rir e transmitir unha mensaxe potente e divertida.

Pol Mallafré (Terrassa, 1983) é o humorista detrás do nome Mockudrames. Nos últimos anos traballou para Playground, MediaPro, TV3, Terrat, GestMusic, DelBarrio, Rac1, Netflix ou a BBC como director, montador de vídeos, guionista ou actor segundo o proxecto. Como docente leva uns anos traballando na EINA Universitaria e tamén ten un curso na Escola da Llama onde trata o tema da comedia audiovisual nas redes sociais. Está convencido de que o recoñecemento procede dun dos seus vídeos virais, pero en realidade débese á falta de simetría do seu bigote.

Instagram: @mockudrames | Twitter: @mockudrames | Tiktok: @mockudrames | Youtube: @Mockudrames