Xurado Novo

AIRA PORTOS
Aira Portos (2003, Ordes) estuda o Grao en Comunicación Audiovisual na USC e interésase por múltiples disciplinas artísticas. É presidenta da A.C. A Keikes, dedicada á dinamización cultural na vila de Ordes.

BELEN TEIGA
Xornalista. Xunto letras en El Correo Gallego e falo do que pasa no mundo nos madrugóns da Radio Galega. Cun pé na política e outro na cultura. Paso os días nos corredores das nosa institucións públicos en busca dunha información política que invite a ver as cousas dende unha perspectiva diferente. O resto do tempo pásoo entre o cinema, as salas de concertos, internet e os bares. Tiven, xunto cunha amiga, a primeira newsletter cultural en galego, Notas á marxe, onde falabamos de literatura, filosofía e nos queixabamos das cousas do día a día.

ANTÓN LORENZO PORTELA
Son Antón, levo estando obsesionado coa música e co cine dende que teño recordo e por iso actualmente estudo Comunicación Audiovisual na UDC e estou nunha banda chamada Apolo18.