Xurado oficial

BOB POP
Caixeiro de súper, plumilla cultural e do corazón, directivo dunha multinacional, blogueiro, crítico televisivo, director televisivo e teatral, guionista, actor, voyeur, vedette intelectual e, nalgún momento, falso autónomo. Pero ata que Belén Gopegui lle dixo que era un escritor, non o cría. Dende entón publicou unha novela, “Mansos” (Caballo de Troya 2010 e Alfaguara 2021), dous diarios, “Días Ajenos” (Somos Libros, 2017) e “Días Simétricos” (Alfaguara 2023) e tres ensaios “Cuando haces Bob” (Temas de Hoy, 2014), “Un miércoles de Enero” (Turner, 2018) e “Como las grecas” (Debate 2024). Fai uns años codirixiu o “Late Motiv” de Andreu Buenafuente, e participou en “El Objetivo” de Ana Pastor. Tamén creou e codirixiu a serie de HBO “Maricón Perdido” coa que obtivo o Premio Ondas á Mellor Comedia 2021 e o Premio GLAAD 2021 a mellor serie en español. Estreouse como autor de teatro co seu monólogo “Los días ajenos de Bob Pop”, foi galardoado na primeira edición dos Premios Talía e percorreu teatros de España dende a prepandemia, ata a post pandemia. Aparentemente colleulle gustillo ao teatro porque xa conta con outra obra estreada en 2024: “Hablar no sirve. De nada”

ALBANTA SAN ROMÁN
Actriz, escritora y creadora de contenido. En redes sociales reflexiona sobre temas culturales o sociales con perspectiva de género y feminista. Co-presenta el podcast Keep it cutre y trabaja de colaboradora en diferentes formatos, como PLAY ZETA de RTVE.

JORGE BOQUETE
Con máis de 10 anos de experiencia na creación de webseries, Jorge Boquete é un dos directores máis prolíficos de Galicia neste tipo de contidos. 5 Premios Mestre Mateo e numerosas seleccións e premios en festivais internacionais cos seus proxectos Peter Brandon, El método sueco ou a recente A arte de ser (mal) pai, avalan a traxectoria deste director, vinculado ao Carballo Interplay dende os seus inicios. Actualmente dirixe o concurso de Televisión de Galicia “Gaña a túa aldea”.
Xurado novo

CELIA EIRAS
Graduada en Xornalismo e Comunicación Audiovisual pola USC. Foi editora da revista Balea Cultural, medio no que escribiu crítica musical, de cinema e de televisión, e a través do cal colaborou tamén en Sermos Galiza e O Salto Galiza. Foi unha terceira parte do podcast Violentos Anos Vinte, centrado na análise e discusión arredor da música galega. Máis recentemente, colaborou no Diario Cultural Zeta na Radio Galega, traendo temas arredor da música feita por e para a mocidade do país. Tamén foi creativa e produtora de vídeos musicais para diferentes artistas do panorama musical galego. Actualmente traballa como redactora de televisión, e dedica o tempo libre a facer zapping, opinar en terrazas, ir a todos os concertos e festivais que permite o peto, e a facer de DJ para as amizades.

LARA CAEIRO
Lara Caeiro é directora e directora de arte, escenógrafa e estilista. Traballou con artistas como Fillas de Cassandra, Mondra, De Ninghures… Compaxina o seu traballo no audiovisual coa súa carreira xornalística.

ANTÍA RODEIRO
Antía Rodeiro Maseda (Noia, 2002) é unha cineasta comprometida co cine social e a exploración da identidade. O seu trabajo foi recoñecido en festivais como o OUFF24, onde gañou o primeiro Premio Fas Muvis con Xoves (2024), e no Festival OUIGO, onde Dinosaurios foi finalista. Tamén destacou en Xuventude Crea con O meu veciño o monstro (2023) e Medrar (2024). Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, continuou a súa formación en diferentes eidos para fortalecer o seu rol como directora. Traballou en guion, producción e montaxe en proxectos como Kalabukú (2024) e O Corpiño (2024). Antía continúa explorando a dirección e o guion coa convicción de que o cine é unha ferramenta de sensibilización, consolidándose como unha voz emerxente no cine social.