Xurados

MARTA PÉREZ

Marta Pérez Pereiro é profesora a na Facultade de Ciencias de Comunicación da Universidade de Santiago (USC), onde imparte docencia na área de Comunicación Audiovisual e Publicidade. Doutorouse en 2007 coa tese titulada Modalidades humorísticas na comedia televisiva galega. Humor e ideoloxía na fórmula televisiva da comedia de situación, coa que obtivo o premio extraordinario de doutoramento. É membro do grupo de investigación Estudos Audiovisuais e do Centro de Estudos Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC. Tamén, desde 2019, é secretaria da Asociación Galega de Investigadoras e Investigadores en Comunicación (AGACOM) e dirixe o o Seminario Permante CO(M)XÉNERO sobre comunicación e xénero. As súas áreas de investigación son o cinema contemporáneo, concretamente os small cinemas, o humor nos medios e os estudos de xénero no audiovisual. Sobre estes temas leva participado en numerosos proxectos de investigación e publicado en revistas científicas.

MARÍA RÚA

María naceu en Ourense  e ten 24 anos. As súas teimas e valores fixeron que escollese estudos relacionados coa educación, pero un día (alá polo 2020) deulle por facer vídeos e agora é influencer. O amor por Galiza e pola xustiza social están sempre presentes na súa vida, acompañados do humor (que sería de nós sen el, non?). Se a ves pola rúa, dille “chau ata o vrau” e seredes amigues.

ANDREA VILLA

Andrea Villa (Ourense, 1990). A súa carreira profesional transita entre a cultura, os festivais e a internet. Traballa no Carballo Interplay dende o 2019 e na actualidade engárgase da programación das actividades e codirixe o evento xunto a Sonia Méndez. Ten desenvolvido gran parte da súa actividade profesional dende os equipos de comunicación de eventos e proxectos de diversa índole como a Academia Galega do Audiovisual, os Premios Mestre Mateo, a produtora Portocabo, o Festival de Cans, Novos Cinemas, (S8) Mostra de Cinema Periférico, Curtocircuíto, Festival de Cine Internacional de Ourense, IN THE PALACE International Short Film Festival (Bulgaria), Revenidas, Vive Nigrán, Noites do Porto, Sinsal Museo do Mar, SonRías Baixas, Conecta Fiction, Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ou ICC Week. Ademais de participar na estratexia dixital de gran parte dos anteriormente citados, tamén traballou na presenza online ou en medios de obras audiovisuais como “Antes de perder”, “Nación”, “Ons”, “Eroski Paraíso”, “Rapa”, “Hierro”, “Cuñados”, “Auga Seca”, “Prefiro condenarme”, “Salvaxe, salvaxe” ou, na actualidade “Antes de nós”. Forma parte do equipo equipo dixital da distribuidora Elastica.

ANDY CHICHESTER

Andy, alias @Chibarinclub en X, leva catro anos difundindo contido en galego en Instagram, Youtube e GaliX. Filólogo dende sempre, Andy ten licenciatura en lingua española, estudos de francés e italiano, e unha paxion profunda pola lingua galega. Neofalante autodidacta dende 2019, esfórzase moito para dominar o galego a fondo. Este ianque de alma galega considérase defensor e promotor orgulloso do galego e de Galiza. Docente durante 33 anos, traballou durante17 anos como profesor de lingua española, para logo cambiar á especialización de pedogoxía infántil. Actualmente traballa como mestre de infantil no colexio Norwood Norfolk. Andy reside en Potsdam, NY EUA con súa muller Bonnie.