Venres 5 de abril

Mercado de Carballo

SOLICITA A TÚA ACREDITACIÓN GRATUITA

10h00 Recollida de acreditacións

10h30 Panel. OTTs nas televisións autonómicas. Adaptación e fusión para o presente. Caso CRTVG e EITB.

Con tantos cambios, as televisións non poden permitirse quedar atrás e precisan estar en constante transformación. Nesta Zona PRO queremos analizar as principais novidades de varias canles públicas pertencentes a territorios con lingua propia: CRTVG e EITB.

A CRTVG presentou ao inicio deste 2024 AGalega, a súa OTT (é dicir, over the top). Isto implica a posibilidade de acceder a numerosos contidos galegos e en galego a través de internet, para achegalos ás novas xeracións e facelo en xeral máis accesibles para todos os públicos, sen depender de grellas horarias ou televisores.

Pola súa banda, EITB, puxo tamén en marcha no último semestre do ano pasado PRIMERAN, una OTT multiplataforma que accesible desde varios soportes destinada a aglutinar contenidos vascos y en euskera. Películas, series, documentales, programas, formatos infantiles y todo tipo de desarrollos futuros tendrán cabida en esta iniciativa. ¿Su filosofía? Garantizar contenidos en euskera, difundirlos y hacerlo accesibles a todos y todas.

Contarase con representantes de ambos medios para analizar en que consisten estes cambios, que poden aportar á cidadanía e cales son as seguintes liñas de traballo. 

AGalega (CRTVG). María Sabucedo. María Sabucedo Santos é a directora das novas plataformas Agalega.gal e Xabarín.gal na CRTVG. Formada en Comunicación audiovisual (USC, Santiago, 2016), Xestión de proxectos audiovisuais (ESCAC, Barcelona, 2011), Dirección de produción (ESCAC, Barcelona, 2009) e Realización de audiovisuais (EIS, A Coruña, 2002). Traballa no audiovisual dende os 19 anos e formou parte de múltiples equipos do sector público e privado. Viviu en Santiago, A Coruña, Barcelona, Buenos Aires e Londres. Nos últimos catro anos formou parte da dirección do Galician Film Forum en Londres, unha organización destinada a promover o cinema galego no exterior. Na capital británica tamén Ztraballou para Discovery e para DAZN, onde foi a Content Planner que lanzou a plataforma de deportes en España no 2019. O seu último posto na multinacional dos deportes foi como Team Leader do equipo de central de contidos. Retornou a Galicia o pasado verán para incorporarse á CRTVG.

Instagram: @maria_sabucedo | Twitter: Ø | Tiktok: Ø | Youtube: Ø
Instagram: @Tvgalicia | Twitter: @TVGalicia | Tiktok: @tvgalicia | Youtube: @TVG

Primeran (EITB). Unai Iparragirre. Unai Iparragirre Torres (Arrasate, 1973) es el director de EITB. Inició su carrera en Arrasate Telebista, y a finales de los 90 y principios de los 2000 trabajó como redactor, guionista, presentador y director de programas en Euskal Telebista. Tras trabajar un breve periodo en Televisión Española, desde 2005 empezó a desarrollar su carrera en la multinacional de comunicación y entretenimiento Discovery Inc, en Londres. Tras desempeñar diversos puestos de responsabilidad durante 16 años, volvió a EITB como director. En sus propias palabras, las principales metas de su cargo actual son”la anticipación ante los nuevos desafíos audiovisuales y de comunicación y la transformación dentro de EITB Media”.

Instagram: @euskaltelebista | Twitter: @euskaltelebista | Tiktok: @euskaltelebista | Youtube: @EitbEus

José Luis Blanco Rad. Director de programación en Euskal Telebista, con máis de 26 anos de experiencia na canle en cargos relacionados ca programación e a producion e creación de ficción propia. Participou activamente no lanzamento de Primeran, a nova plataforma de streaming OTT de EITB que ofrece todo tipo de contidos de producción vasca e internacional.

11h30 Panel. Series na actualidade. Con Joël Bassaget.

Que está a pasar no frente das series de internet? Cales son as tendencias? Que se leva ou non se leva? Un percorrido rápido polo “estado do mundo das series web”.

Joël Bassaget.  Guionista de series de animación para televisión desde 1989, escribiu máis de 250 episodios ata a data. Tamén dirixiu algúns anuncios publicitarios, foi axudante de dirección e montou e dirixiu o estudo de animación Marathon Berlin. En 2014 comezou a publicar artigos e análises sobre formatos de serie curta. Publicou dous libros sobre o tema das series web e agora é investigador asociado na Universidade de Wollongong (Australia). Imparte regularmente conferencias e cursos sobre novos formatos de escritura e curtas.

12h00 Panel. Podcast na actualidade. Con Nacho Gallego, de Estación Podcast.

Estación Podcast é o evento por excelencia dedicado á creación sonora en castelán. O seu director de contidos, Nacho Gallego, contaranos en Interplay que se está a facer agora mesmo, como e dende onde.

Nacho Gallego. Profesor e investigador de la Universidad Carlos III de Madrid especializado en industrias sonoras y director de contenidos del festival iberoamericano de creación sonora Estación Podcast. Además, es co-director del Máster en Industria Musical y Estudios Sonoros de la UC3M y miembro del grupo de investigación Diversidad Audiovisual. Realizó su tesis sobre el podcast como forma de distribución de contenidos sonoros en el año 2010.

Instagram: @estacionpodcast | Twitter: @PodcastEstacion | Tiktok: @estacionpodcast | Youtube: @estacionpodcast606

12h30 Panel. Internet para explicar o presente a través do pasado. É a rexouba éxito asegurado? Con Raquel Piñeiro, Juan Sanguino, Anxo F. Couceiro.

A nostalxia é un dos motores máis poderosos a nivel de creación cultural, sobre todo cando se revisitan eras pasadas para darlle un novo contexto ou rescatar eventos históricos que non tiveron a sona que merecen. As xeracións ás que apelan disfrutan revisitando outras épocas da súa vida, pero a xente nova tamén se divirte descubrindo novos referentes e relatos aos que acudir. Estamos a vivir un revival das décadas de 1980 e 1990, e son varias as analistas e creadoras de contido que traen á actualidade a historia de España deses anos, a través da súa cultura popular.

Juan Sanguino. Xornalista e escritor. Publicou catro libros, entre eles os ensaios How We Have Changed e Press Me Stronger, e escribiu e presentou o podcast Delirios de España. Os seus artigos pódense atopar en El País, Vanity Fair e Jenesaispop, onde cubriu a última edición de OT.

Instagram: @juan__sanguino | Twitter: @juanlsanguino | Tiktok: @juansanguino_ | Youtube: Ø

Raquel Piñeiro. Escritora, xornalista, editora e o que lle boten. Traballou para El País, Vanity Fair, Elle, Condé Nast Traveler, El Comidista e outros medios, escribindo sobre gastronomía, viaxes, cultura pop e non pop. Publicou o libro “Cosas que nunca olvidarás de tu Erasmus” e os “Cuadernos de actividades para mentes viajeras” de Lonely Planet. Desde 2019, publicou artigos sobre vodas de famosos do pasado en Vanity Fair; algúns foron adaptados a podcasts baixo o nome de vodas icónicas. Tamén ten un podcast no que ela e unha amiga repasan Sex and the City capítulo por capítulo.

Instagram: @raestaenlaaldea | Twitter: @Raestaenlaaldea | Tiktok: Ø | Youtube: Ø

Anxo F Couceiro. Xornalista, especializado en cultura, crítica de televisión e crónica social. Traballa para a revista Lecturas, coordina os especiais de Lecturas Años Dorados e colabora con Eldiario.es e El País, entre outros medios. Tamén ten un podcast de literatura chamado ‘Mala letra’.

Instagram: @afcouceiro | Twitter: @cretineces | Tiktok: Ø | Youtube: Ø