FILTROS
Reset

Exército MekeMeke Live

CIP24Podcast liveShow

What does the Mekemeke army tell us about itself?Hello! We are the Galician video podcast that is conquering the entire Internet, uniting xabaxeration, we are making more Mekemekes join our cause every day. A program presented by Carlos Vieito that every week unlocks all those good memories of the kids of the 90s. Being one of the bad guys has never been this cool!

Exército Mekemeke.

ZONA PRO CIP24

CIP24PanelZona PRO

PANEL. OTTs on regional television. Adaptation and fusion for the present. CRTVG and EITB case. With María Sabucedo de CRTVG – AGALEGA and Unai Iparragirre de PRIMERAN – EITB.

PANEL. Series nowadays. With Joël Bassaget,  Marseilla Web Fest head programer.

PANEL. Podcast nowadays. With Nacho Gallego, from Estación Podcast.

PANEL. Internet to explain the present through the past. Is nostalgia a guaranteed success? With Raquel Piñeiro, Juan Sanguino, Anxo F. Couceiro.

Are we printing the internet?

CIP24Panel

Internet has left the screens to permeate every detail of our lives. We talk about the Internet (and sometimes LIKE the Internet), we write about the Internet, we think about the Internet. We make t-shirts with memes, we publish books about them, we sell stickers… Do we print the internet? Are we afraid that digital will disappear? For this panel we have meme and digital content creatos, as well as analysts and curators who are experts in these trends.

With Álvaro L. Pajares, Marina G. Canedo, Rafa López and Ainhoa ​​Marzol.

Digital is political

CIP24Panel

Generations X and Z want to talk about politics in their homes, with their friends, with their affairs, and, of course, also in the internet. In an increasingly polarized social context, increasing young voices build links and work on alternatives from the digital sphere. Activist, feminist, decolonial and anti-fascist voices from Galicia and other parts of Spain that seek to demonstrate that young people want to make this world better. Questioning what is established to build positively.

With Iván Iglesias (OU ké!), Carretando, Alan Barroso, Sergio Gregori, Ayme and Marina Lobo.

Maldito Bollodrama

CIP24Podcast liveShow

This is the definitive podcast of lesbians talking about lesbians made by lesbians on Radio Primavera Sound. Presented by Laura Terciado and Bake Gómez, Sappho of Mytilene is their shepherd, they lack nothing. Arco Iris recognition from the Ministry of Equality 2023 to outstanding people in the visibility, support and defense of the rights of LGTBI people.

Bitching with… PENA Y PÁNICO

CIP24Show

PAIN Y PÁNICO is the Podcast created by La Prados and Raquel Hervás in which every week they share their deepest fears to heal each other with laughter. Works? Not always. It’s fun? Most of the time. Basically “another audiovisual format in which two girls try to monetize their traumas.”

CFA «Lasamiga productions»

CIP24Show

Audiovisual Source Code is a hybrid format between a conference and a projection, in which a curator is invited to select and comment on fragments of embeddable audiovisual works that have marked their culture and their way of understanding the world, because memories are fragments of a living archive that we are constantly producing and reinterpreting. Since the first edition, the CFA has been a hallmark of the festival that we want to keep it that way. In this edition it will be conducted by Carolina Iglesias and Laura Márquez, who assure us a fun proposal for nostalgic millennials.

PETISCOS NO DERBY CIP 23

CIP23PanelPodcast liveShow

Café Derby 21 is a podcast born from kitchen conversations in a student apartment. Adrián Lede, Nicolás Carreira and Carme D. Prol get together every week with a guest related to Galician culture to make an open discussion about the guest’s career, current events and whatever comes up. This time they are opening the doors of their living room to meet some of the creators of the moment in the digital narrative news of the country.

We will be joined by Sara Seco, Carla and Marcos from Todo Mal, Meryfos and Totakeki.

Keep it Cutre

CIP25Podcast live

Con miles de seguidores en redes sociais, a cercanía e sinceridade é unha das claves do seu éxito. Ademais, teñen un humor a proba de bombas –e de dramas–. Polo podcast pasaron convidadas como Nerea Pérez de las Heras, Beatriz Serrano ou a cómica Lalachus. Chegan por primeira vez a Galicia cun programa que nace das súas charlas do día a día cunha gran dose de risas tocando temas relacionados co sentir da xeración millennial.

Ángela Henche e Albanta San Román

Abajo el Trabajo con Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel

CIP25Panel

O oficio da creación de contidos é complicado. Internet, as redes sociais, os medios de comunicación e os espazos culturais sempre están a pedir novos productos, facendo que moitas creadoras vivan con frustración a incongruencia de facer discurso en torno ás críticas ao capitalismo e á hiperproductividade mentres son as súas peores xefas. Pódese vivir da creación sen autoexplotarse? As nosas mellores horas do día -e da vida- ocúpaas o traballo? Para falar deste tema temos a Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel, tres pensadoras e creadoras anticapitalistas especialistas en eidos tan diversos coma o xornalismo, a arqueoloxía ou as artes dramáticas con ampla experiencia en internet e nos espazos culturais.

Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel

Comunicar na diversidade

CIP25Panel

Con un internet cada vez más hostil e un aumento do movemento reaccionario de ultradereitas, misóxino e racista, é máis importante que nunca comunicar na diversidade. É responsabilidade de espazos como Carballo Interplay axudar a difundir os discursos de creadoras que buscan defender os dereitos de todas. Queremos escoitalas e saber cómo axudar a mellorar os espazos de debate, como educar dun xeito igualitario e corrixir os nosos prexuizos. Para isto queremos contar con algunhas das creadoras e comunicadoras máis relevantes que hai neste momento na loita antirracista e contra a xitanofobia como Chaimaa Boukharsa,  Lucía Mbomío, Voria Stefanovsky e “Guru” Jiménez, con Antonio Grunfeld, de AGARESO, como moderador .

Chaimaa Boukharsa, Voria Stefanovsky, Lucía Mbomío e “Guru” Jiménez. Modera Antonio Grunfeld (AGARESO)

Coñecendo a… Andy Chichester

CIP25Panel

Nesta edición queremos reivindicar máis que nunca a lingua galega e á xente que decide usala e defendela no seu día a día, e dentro desa xente, paleofalante e neofalante, atopamos casos curiosos coma o de Andy Chichester, profesor estadounidense que decidiu aprender o idioma e empezar a usalo nas súas redes sociais, gañando o cariño do internet galego.

O seu compromiso coa nosa cultura, malia non ter ningún tipo de cercanía previa, é un dos temas dos que queremos falar con Andy, que viaxará dende Nova York ata Carballo para poñer en práctica os seus coñecementos e reflexionar sobre o papel da lingua nas nosas vidas. Todo nunha conversa na que estará acompañado polo actor Federico Pérez.

Andy Chichester, Federico Pérez

O Videoxogo en Galicia

CIP25Panel

Neste Interplay Lucas Costas, un dos integrantes de MUVI, reivindicará o videoxogo como medio de comunicación, expresión e creación, así como unha ferramenta educativa no sentido máis amplo da palabra, nun panel no que repasará tamén a súa historia en na nosa comunidade poñendo o foco en The Wall, o primeiro videoxogo comercial de Galicia.

Lucas Costas Rodríguez

Adictas ao True Crime

CIP25ShowZona PRO

Non se pode discutir, interésanos un bo misterio e fascínanos entender a maldade humana. O mundo do true crime está a vivir un dos seus mellores momentos, impulsado polo éxito do xa clásico “Crims” catalán. Queremos falar do formato, o estilo a ambientación, os conflictos éticos, da man de dous proxectos galegos premiados pola iniciativa Radar Podcast Spotify, “Sofá manta y crimen” e “La crónica oscura”. Tamén contaremos ca participación da equipa de Spotify Podcast para analizar este fenómeno a nivel de industria.

Sofá, Manta y Crimen, La Crónica Oscura e Spotify Podcast

Entrega de premios

CIP25Series official section

Entrega dos premios desta edición da man de dúas das persoas máis queridas polo festival: Miguel Canalejo e Belén Puime.

Miguel Canalejo, Belén Puime

ZONA PRO. Podcast. “Nin que fósemos O Faiadshhhh…”

CIP25Podcast live

O Carballo Interplay ten un papel vital a nivel galego á hora de apoiar e impulsar aos novos creadores e creadoras. Un exemplo disto é o podcast O Faiado, proxecto creado en 2023 por estudantes de xornalismo e comunicación audiovisual, para comentar a actualidade sobre a cultura pop, galega e internacional, así como comentar tendencias, reflexionar e, sobre todo, botar unhas boas risas.

Este podcast foi gañador do pitching a mellor proxecto dixital en galego (na categoría de canle) da última edición do Interplay, e agora volve ao festival, xa consolidado, para facer un show en directo onde todo o mundo poderá disfrutar da vangarda do podcast en galego. Polos seus micrófonos teñen pasado creadores e creadoras como Bruno Arias, Rodri Míguez, Sara Seco, Lara Caeiro, Leti da Taberna, Eris Mackenzie, Su Garrido Pombo, The Rapants, Sabela Ramil… Esta vez será a quenda do director Javier Ferreiro e a actriz Blanca Martínez, da serie “Mariliendre”.

Javier Ferreiro, Blanca Martínez

O chío, a Oliveira e as raíces. O impacto da comunicación do Real Club Celta de Vigo no sentir da sociedade galega

CIP25Panel

En 2021 a conta de twitter de Radio Vigo preguntaba aos seus seguidores que artista debería compor o himno do centenario do Celta. As opcións que daba eran catro, Iván Ferreiro, Siniestro Total, Carlos Núñez e Eladio, pero ninguén esperaba que C. Tangana, artista de renome internacional, decidira presentarse como voluntario.

Dous anos despois, a “Oliveira dos cen anos” forma parte xa da historia do club, chegando a chamar a atención de medios internacionais como o New York Times, a revista Billboard e The Guardian. O seguinte paso? A campaña “Non pode ser máis de aquí”, que xira arredor das raíces e identidade galega, gañadora nos Premios Paraugas e nos Mestre Mateo; accións culturais con artistas galegos nas previas dos partidos, como Fillas de Cassandra ou Abraham Cupeiro; documentais cinematográficos vencellados a tradicións da nosa terra, como “A cor do Entroido”… O compromiso do Celta por unha comunicación baseada nas raíces e a identidade galegas segue adiante.

DANDO A TURRA

CIP23PanelShow

Talk show con Belén Puime e Uxía Vázquez. Millenials ou Gen Z, como rapazas nacidas a finais dos 90’s non saben moi ben onde ubicarse. O que sí que teñen claro é que son rapazas NOVAS… pero ata cando?

Belén Puime e Uxía Vázquez

AMIGA, YO TE CUENTO…

CIP23Panel

No Carballo Interplay cremos que na internet se poden crear grandes cousas: dende medios de comunicación que van máis alá do mainstream para aportar novos puntos de vista ata centros de producción de saberes completamente gratuitos e abertos a todo o mundo.

Aínda que concibimos e queremos unha rede para compartir, coidar, rir, apoiar e aprender, ás veces, como reflexo da sociedade na que vivimos, tamén pode ser un lugar moi hostil para minorías sociais ou albergar unha chea de discursos de odio, fascistas ou machirulos. “Amiga, yo te cuento” é un espazo seguro para falar de como navegar e fulminar esas hostilidades e seguir sendo e opinando ata que non existan esas barreiras. Un sitio no que poder reflexionar sobre os fenómenos culturais que nos gustan sen prexuízos, dende o presente ou dende a nostalxia.

Porque as nosas ponentes de “Amiga, yo te cuento” falan cinco segundos e son capaces de deixarche pensando horas. Poucas persoas máis guais atoparedes na rede, PROMETIDO.

Excomplice/Culomala, Estela Ortiz, Proyecto UNA

DENTRO PODCAST (RPS)

CIP23Show

Un podcast cultural no que descubrimos os medos, as preocupacións e os segredos das persoas ás que segues. Ou Julia Hetera e Isabel Genia tentando arrebatar o magazín de tardes de TV3 á Melero e convidando a colegas do mundo para falar sen complexos. Presentado por Alba Rise e Conxxa Vitoy  e con Burnin’ Percebes e Ronsel Ortiz como invitades especiais. Estás DENTRO!

Alba Riera, Conxxa Vitoy

NACHO MARTÍN PROJECT

CIP23Show

Actividade para nostálxicas con risas aseguradas. Por primeira vez Nacho Martín Project leva a cabo en directo desde o Carballo Interplay. Centrados, como sempre, no mítico “Médico de familia”, Noel Ceballos e O Hematocrítico (Os irmáns podcast) farán xunto a Nus Cuevas un percorrido pola historia da familia do Doutor Martín e explicarannos conceptos como “A guitarra da SIDA” ou “O tratamento Chechu”. Todo terminará cunha revelación incrible: o videoxogo de médico de familia!

O Hematocrítico

ZONA PRO CIP 23

CIP23Zona PRO

“Do podcast ao show”. Con Marta Salicrú (RPS), Etiqueta Negra, Tomás Fuentes (La Ruina), Alba Riera (DENTRO)

“Novos xeitos de habitar a rede” Con ACOUSA, Erika Irusta (COMUNIDAD S1S4), Noelia Ramírez (newsletter de SModa)

Unha década despois, como comunican as canles públicas?” Con CRTVG e RTVE lab

O OUTRO LADO DA PANTALLA. UNHA HISTORIA UNDERGROUND DA INTERNET GALEGA

CIP23Panel

A creadora cultural María Yáñez proporá en directo, a través da súa experiencia persoal, unha viaxe desde os inicios da internet galega ata as portas da chegada das redes sociais. Un repaso a como chegaron as primeiras conexións nos anos 90, as primeiras webs en galego, os primeiros medios dixitais, as primeiras plataformas sociais de contido, que naceron desde abaixo, colectivamente e con dúas motivacións principais: a lúdica e a activista.

María Yáñez

CFA con Elizabeth Duval

CIP22PanelShow

O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se invita a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuales embebibles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Porque os recordos son fragmentos dun archivo vivo que estamos producindo e  reinterpretando constantemente. Nesta edición compartirá o seu disco duro connosco… Elizabeth Duval!

Elizabeth Duval

ACTIVISMO, DIVULGACIÓN E FEMINISMO(S) NA REDE

CIP22Panel

No Carballo Interplay queremos poñer o foco no traballo de persoas que utilizan as posibilidades da rede para amosar outras realidades ou facer do mundo online un lugar máis habitable dende o humor, a divulgación, a arte… e todo o que se lles poña polo camiño. Non perdades esta conversa cun auténtico dream team: a xornalista Nerea Pérez de las Heras, a historiadora Eugenia Tenenbaum e cómica Ana Polo.

Como divulgar dende a rede? É internet agora o xeito de chegar a grandes públicos? Como xestionar as críticas? Hai espazo para os discursos que se saen da norma? Como lidiar co pinkwashing e as trampas do capitalismo? Agárdannos moitas preguntas e, sobre todo, moito palique.

Nerea Pérez de las Heras, Eugenia Tenenbaum e Ana Polo.

ZONA PRO CIP 22

CIP22Zona PRO

A profesionalización do podcast“. Con Jesús Blanquiño (Podium Podcast), Marta Salicrú (Radio Primavera Sound) e Tania Lombao (Radio Galega Podcast).

‘’Novas formas de contar. Dende a ficción sonora á divulgación’’. Con Ana Garriga e Carmen Urbita (Las hijas de Felipe), Manuel Bartual (Biotopía), Carmen Pacheco (Santuario).

Festivais adicados á cultura popular, dixital e series. Con: Memefest (Filles d’Iternet), Tracking Bilbao (Borja Crespo), Serializados (Betu Martínez e Víctor Sala). En colaboración con Proxecta.

CREA feat Podgalego

 

Especial Gen Playz a la gallega

CIP22Show

O contido de Playz, que foi premiado como mellor programa de entretemento nos Premios Ondas 2021, acompañaranos neste Carballo Interplay levando a cabo por primeira vez en directo dende Galicia un dos seus formatos estrela: Gen Playz.

Inés Hernand

PETISCOS NO DERBY CIP 22

CIP22PanelShow

Café Derby 21 é un podcast que nace das conversas de cociña dun piso de estudantes. Adrián Lede, Nicolás Carreira e Carme D. Prol xúntanse cada semana cun convidado/a relacionado coa cultura galega para facer unha tertulia aberta sobre a carreira do convidado/a, actualidade e o que xurda. Esta vez ábrennos as portas da súa saliña de estar para verse as caras con algúns dos creadores e creadoras do momento nas novas narrativas dixitais do país.

CFA con Esnórquel “Maricón.mp4 – Miradas queer en 240p”

CIP21Show

O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección. En “Maricón.mp4 – Miradas queer en 240p” Esnórquel fará un percorrido por vídeos de Youtube de alcalce queer que o marcaron durante a súa adolescencia na aldea e na universidade, e que foron paralelos ao seu crecemento como “maricón pintao”.

Esnórquel

¿PUEDO HABLAR! Con Perra de Satán e Esnórquel

CIP21Show

Ven polo chascarrillo, queda polos traumas. ¿Puedo hablar! é o podcast de Esnórquel e Perra de Satán, onde analizan co seu particular humor e sen censura temas importantes ou intranscendentes. A medio camiño entre un show de comedia e unha consulta psicolóxica, Bea e Enrique discorren sobre saúde mental, os seus corpos, política, cultura, ligoteo, sexo… e moita televisión dos noventa.

ENCONTRO “A internet de mudar as cousas”

CIP21Panel

Adicaremos a mañá do sábado a escoitar a creadoras e creadores que utilizan o online para amosar outras realidades e facer da rede un lugar mellor, no encontro “A internet de mudar as cousas” ✨? ✊?

PANEL 1 | ACTIVISMO NA REDE Pol Andiñach, coordinador do colectivo cuellilargo. Laura Tabarés, 1/3 do colectivo Ontologías Feministas, Colectivo Proyecto Una 

PANEL 2 | HUMOR, PRECARIEDADE XERACIONAL E ILUSTRACIÓN Anastasia Bengoechea aka Monstruo Espagueti, Roberta Vázquez, Violeta Navas, máis coñecida como La Prados

POCHOSFERA: momentos penosos da internet

CIP21Show

Como todo, Internet tamén ten taras: as imaxes perturbadoras da web This person does not exist, os bloopers de vídeos de ASMR, a manosphera, os filtros de Instagram mal postos, os deepfackes de famosos derretidos… Lorena Iglesias e David Pareja farán un estudo científico dos vídeos máis estremecedores da rede.

Lorena Iglesias, David Pareja

ZONA PRO CIP 21

CIP21Zona PRO

Panel. “O xiro cara o contido de actualidade. Debate e conciencia social”: con Freeda, Canal 180 e Playz.

Panel. “Contidos dixitais e innovación. Onde poñen o foco as canles públicas?”: con RTP Lab e Televisión de Galicia

Presentación produtoras e creadores dixitais de Portugal

Unha nova vía para a produción de series web

MASTERS DA INTERNET. PRIMER ENCONTRO TRANSVERSAL DE CREACIÓN GALEGA ONLINE

CIP21PanelShow

Un dos obxectivos do Carballo Interplay é seguir transformando, medrando, ensinando, e promocionando o talento galego na rede. Por isto nesta edición, dende o festival artellamos un encontro cos principais puntas de lanza nas novas narrativas dixitais do país. Como se comeza a crear contido? En que se diferencia o público de cada rede? Que é o que demandan? Que hai que ter en conta para crear no ámbito dixital? Están os creadores e creadoras de diversas redes interconectados entre si? En que momento se atopa a creación dixital en Galicia? Que retos hai para o futuro? Resposta a todas estas preguntas e máis, neste Masters da internet moderado por Alba Mancebo e Esther Estévez!

Panel 1 | Youtube e Podcast con Olaxonmario, Nee Barros, Isaac González, Samuel L. París e Carme D. Prol. Modera: Alba Mancebo

Panel 2 | Tik Tok, Twitter e Twitch con Malva, Jon Amil, Mira1cousinha e Agos Reigosa. Modera: Esther Estévez

Tecnoloxías para a (re)construción de mundos virtuais

CIP20Panel

En tempos de distancia social, nos que as interaccións están máis que nunca mediadas pola pantalla, as tecnoloxías emerxen para crear novos mundos pero tamén para achegarnos doutro xeito aos mundos que xa coñecemos. Os efectos dixitais, a realidade virtual e mixta ou a intelixencia artifical preséntannos posibilidades creativas abraiantes, tanto na industria audiovisual como na arte e no patrimonio cultural.

Carlos Seijo (Maxina), Toño Cabanelas (Liveforevr)

Necroshow • Lorena Iglesias

CIP20Show

Playlist: Youtube galego con Aquel-e

CIP20Panel

O galego estivo presente en Youtube desde a apertura da plataforma. Ao comezo, de forma aleatoria e ocasional, mais axiña chegaron contidos propios para a rede. Co paso do tempo foron variando e mudando as formas e temáticas, por iso cómpre facer unha periodización da nosa historia en Youtube.

Miguel Silva (Aquel-e)

Estirando el chicle • Percebes y grelos + Living postureo

CIP20Show

‘Estirando el chicle’ é un podcast donde Carolina Iglesias e Victoria Martín ‘rajan’ sobre cousas. Tiñan unha descricción más concienzuda pero ao final quedan con que vai diso: de ‘rajar’. Ás veces hai convidados, pero que iso non nos distraia do de ‘RAJAR’.

Percebes y grelos, Living postureo

Os festivais en tempos de distancia social e multipantalla

CIP20Panel

A distancia social imposta pola pandemia obrigou a maioría de festivais de cine e audiovisual a reiventarse ou, cando menos, a expandir o seu alcance na rede máis alá da presenza física. A colaboración con plataformas de streaming, a creación de contidos específicos para a rede ou o deseño de actividades para a súa produción e retransmisión online son algunhas das solucións que, sendo conxunturais, quizais viñeron para quedar. Cara a onde camiña o futuro destes eventos? Que novos formatos de festivais visualizamos para os vindeiros anos? Que aprendemos da experiencia deste ano? Sobre isto falaremos con representantes de distintos festivais de cine galegos que tiveron que adaptar as súas edicións de 2020 a esta nova realidade.

Ana Domínguez (S8), Ángel Sánchez (Play Doc), Sonia Méndez (Carballo Interplay)

Charla con Verto

CIP20

Ademais de ser o grupo revelación do pop galego neste ano tan estraño, o dúo formado por Berto Mira e Fer Peleteiro arrastra un fenómeno fan nas redes como non se viu ata o de agora. O seu segredo é seren riquiños cos fans, seguilos de volta en Twitter, responderlles e rechialos. Seguir sendo humildes a pesar de ter un fandom capaz de conseguirlles concertos en distintas localidades ou esgotar as súas camisetas en 24 horas. Falaremos con grupo de música e de redes nun encontro no que os fans poderán entrar en directo a falar con eles.

Verto

Mulleres nos videoxogos e eSports

CIP20Panel

Os videoxogos preséntanse como unha das industrias máis innovadoras pero en termos de igualdade, diversidade e inclusión están moi atrasados con respecto a outras industrias culturais. Por que sucede isto? Marina Amores, “Blissy”, dirixe a serie documental Nerfeadas, que aborda desde distintos ámbitos a cuestión do machismo na industria do videoxogo. Contamos tamén co testemuño de Minia “Samku” Monteagudo, comentarista e divulgadora de eSports con especial énfase na perspectiva de xénero.

Marina Amores “Blissy”, Minia “Samku” Monteagudo

Tías graciosas: un repaso polas barricadas da comedia feminina

CIP20Panel

Que raio pasa? As mulleres non somos “graciosas”? Falamos con catro cómicas que desenvolveron os seus traballos desde a resistencia e desde internet para saber por que custa asumir que as mulleres son tan graciosas coma os homes.

Lorena Iglesias, Sara García (Penny Jay), Victoria Martín (Living postureo), Carolina Iglesias (Percebes y grelos)

Encontro podgalego

CIP20Panel

Malia que o consumo de podcasts aínda non é demasiado popular en Galicia, a produción de contidos neste formato leva anos en marcha na nosa lingua. Cada vez hai máis iniciativas na nosa lingua e máis diversas en canto a temas e enfoques. Coa axuda de Podgalego, unha web que dende hai tempo recompila todas os podcast feitos na nosa lingua, coñeceremos algúns dos máis interesantes da actualidade, especializados na divulgación de ciencia, música, videoxogos, política ou emigración.

Isaac González (Podgalego), Iria Veiga (Sónica Cuántica, Burán), Carlos Pereiro (A gruta de Gizamaluke), Té con Gotas

Presentación (RPS) + Ciberlocutorio. Convidado: Brays Efe

CIP20Podcast live

Todas as cousas máis importantes do mundo están en internet. E se non están, non nos importan. En Ciberlocutorio analízanse tuits, beefs, comentarios de Youtube, artigos de señores, quentaduras virtuais e a última tendencia. Toda a actualidade desde un enfoque social, feminista e millennial. O máis parecido a abrires unha botella de viño coa túa mellor amiga e deixar que todo flúa. Cunha audiencia de case 500.000 escoitas ao mes, Radio Primavera Sound emite as 24 horas desde radioprimaverasound.com e aloxa medio cento de podcasts –entre eles Deforme Semanal Ideal Total e Ciberlocutorio– nas principais plataformas de podcasting, Spotify, Apple Podcasts, Mixcloud, Soundcloud, iVoox.

Anna Pacheco, Andrea Gumes, Brays Efe