Sobrevivir en galego nas redes sociais
Crear contido en galego nas redes: unha idea consciente ou un acto de fe? Nesta conversa Prado Rúa e Konachadas falan de algoritmos, hate, oportunidades e de por que, a pesar de todo, seguen rosmando a base de virais. Unha hora para expoñer a pouca vergoña que lles queda e botar algún que outro rexoubeo.
Prado Rúa e Konachadas
Radicalmente online – Activismo en redes sociais
Este obradoiro de activismo creativo é unha aceleradora de proxectos activistas, impartido por Marina G. Canedo, creadora e estratega de teta&teta e referente en comunicación política e cultura dixital.
Analizaremos como funcionan hoxe a cultura, os medios de comunicación e o discurso político na era do scroll sen fin, identificando cando a comunicación con propósito xera transformación e cando é simplemente maquillaxe, greenwashing, pinkwashing ou activismo performativo.
Exploraremos como deseñar estratexias que produzan conversa e movemento reais, non só alcance ou contido para subirse a “o que toca”. Este obradoiro invítanos a converternos en axentes de cambio, capaces de ler, pensar e activar cuestións sociais máis alá da estética do propósito.
Porque un mundo limitado á venda de produtos é, ademais de ser peor, moito máis aburrido.
María G. Canedo
Revista Clara Corbelhe #5: Soberanía dixital contra o poder algorítmico
Nesta edición do Carballo Interplay teremos unha conversa arredor do artigo “Scroll, lingua, nación: a galeguidade política nas redes na era TikTok”, de Malva F. R., no número 5 da revista da Clara Corbelhe, no que nos acompañarán tanto Malva como Élia Lago, encargada desta edición da revista. O Instituto Clara Corbelhe é un espazo de encontro entre a academia e a cidadanía para o fortalecemento dos estudos críticos galegos con varias liñas de publicación e actividade. E ademais, neste quinto número da revista, veredes que escribiron tamén vellas amizades do festival como o docente e investigador Cibrán Tenreiro ou Proyecto Una.
Élia Lago e Malva Freire
Isto non é ciencia ficción: IA e traballo en medios dixitais
Non se pode falar do dixital no ano 2026 sen falar da intelixencia artificial. O que hai apenas uns anos parecía ciencia ficción é agora o día a día de calquera persoa con acceso a internet. Estas novas ferramentas e modelos de linguaxe como Claude, ChatGPT, GeminAI, Grok ou Midjourney teñen tantos defensores como detractores.
Por un lado, a sua habilidade para xerar texto e imaxes facilitan a vida de moita xente, polo outro, a súa pegada medioambiental é inasumible e o seu efecto na propia psique humana aínda está sendo examinada. Nesta primeira actividade da Zona PRO, analizaremos o seu impacto da man de Maldita.es, fundación e medio de comunicación sen ánimo de lucro, especializado en fact-checking (verificación de datos) e desmentido de bulos.
Maldita
Sexo en Nueva York
A nostalxia é clave nestes tempos convulsos, e moita xente de internet escolleu refuxiarse nas súas series favoritas. É o caso de Raquel Piñeiro, xornalista e autora do libro Un país en la pantalla: España a través del cine y las series, e a sua amiga Patricia Blanco, profesora. Dúas pontevedresas que decidiron comezar un podcast no que analizarían, capítulo a capítulo, a serie Sexo en Nueva York. Nesta edicion do Carballo Interplay, contaremos con elas para que nos fagan un show especial en directo (algo que nunca sucedera ata agora en Galicia!) falando das aventuras de Carrie, Samantha, Charlotte e Miranda “con inesperadas referencias a Pontevedra”.
Raquel Piñeiro e Patricia Blanco
O podcast en España: momento de ouro ou reinado da conversa?
No Carballo Interplay levamos moitos anos falando da industria do podcast, analizando as súas tendencias e convidando a creadoras e creadores. Nesta ocasión queremos entender mellor en que punto nos atopamos. Parece mentira falar de crise nun momento no que hai case máis podcasts que persoas, pero… que clase de podcasts se producen agora mesmo? Na era dos conversacionais, a miúdo levados a cabo por persoas famosas, cada vez hai menos proxectos de investigación, de análise ou mesmo de tipo narrativo. Grandes creacións como El gran apagón quedaron no pasado, estamos nunha era onde todos os podcasts son semellantes e a industria rara vez aposta polo traballo profundo e a creatividade. É así ou soamente unha percepción social porque se viralizan menos?
Ana Alonso (Prisa, AS, Huffington), Oscar Piera (Tresdeu Media, Festivalpod), Javier Hernández (RNE)
Novas voces: isto xa non vai só de contar cousas
Os novos medios teñen un reto claro: facerse un oco nun panorama cada vez mais amplo, loitando contra algoritmos que non sempre poñen as cousas fáciles.
Como dende o Carballo Interplay queremos defender ás novas voces, darémoslle o altofalante a catro proxectos, tanto galegos como estatais, que buscan incorporar novas voces, historias e formatos, ao mundo da actualidade. Os medios cos que contaremos son: Trescentostrece, Salseología, Literal247 e Woke up!
Trescentostrece, Salseología, Literal247 e Woke up!
Scroll, scroll, STOP. As novas regras da divulgación
Cada vez é mais difícil facerse escoitar en internet. Entre a superpoboación das plataformas, os algoritmos enrevesados, os bots e a IA, semella casi imposible atopar contido de calidade, feito por persoas e ben comunicado. No medio deste caos, destacan algunhas creadoras de contido especialmente hábiles, que conseguen trasladar a información da que son especialistas, cunha identidade única.
Nesta primeira charla do sábado, queremos falar con algunhas delas para que nos expliquen cómo se pode facer divulgación nos tempos do déficit de atención. Serán Kenya Stéphanie, Helio Roque, Autoenfoque e Pablo Lluch.
Kenya Stéphanie, Helio Roque, Autoenfoque e Pablo Lluch
I’ll see you in my dreams. Twin Peaks
Este ano, o festival contará cun debate en directo entre Estela Ortiz e Juan Evaristo Valls Boix, no que analizarán a serie “Twin Peaks”.
Estela Ortiz e Juan Evaristo Valls Boix analizarán a icónica obra magna de David Lynch, que, máis de trinta anos despois da súa estrea, segue cativando a todas as seriéfilas. A serie busca desentrañar o asasinato de Laura Palmer, unha popular estudante do instituto de Twin Peaks, mergullándose gradualmente nunha atmosfera onírica e surrealista onde o espectador, guiado polo investigador Dale Cooper, descobre os escuros segredos da misteriosa vila.
Estela Ortiz e Juan Evaristo Valls Boix
Pop y Muerte
Un dos podcasts que se poderán escoitar en directo nesta edición é Pop y Muerte, un proxecto sobre cultura popular vai xa pola sua quinta tempada. Kiko Amat (1971) e Benja Villegas (1982) coñecéronse na radio hai cinco anos, E non deixaron de falar dende aquela. Podcasters innatos, a estes dous fillos da periferia barcelonesa úneos o amor pola subcultura, o punk rock, a nerdidade non-xelatinosa e os trapos de calidade.
Os seus seguidores xa escoitaron programas sobre temas tan diversos como os homicidios, a música pop, as sectas e o futbol. En directo, Pop y Muerte exhiben a súa elocuencia desbordante e unha notable erudición pop, derivada de perder os mellores anos da súa vida rodeados de discos, cómics, películas e libros. E droga. É broma.
Kiko Amat e Benja Villegas
Internet chiquito
Aínda que sempre fomos INTERNET LOVERS, hai un internet que segue sen gustarnos. Aquel máis escuro, hostil ou violento, que afecta directamente á saúde mental e á participación nas redes. E iso fai que moita xente abandone os espazos que ocupa pola súa transformación.
Por iso, nesta edición incorporamos unha actividade especial con dúas profesionais e expertas nese internet que nos encanta que farán un percorrido audiovisual pola súa relación cas redes. Explorarán a partir das súas experiencias como nos comunicamos e como creamos, dende as primeiras comunidades, pasando por un internet máis aberto, ata chegar ao que temos hoxe en día: pequenas vías de escape, pequenas portas ou espazos case íntimos e pechados a un pequeno grupo de amizades nos que a xente se relaciona entre si na actualidade no ecosistema dixital. Un internet chiquito.
Somos parte dun internet que mira ao pasado para entenderse, que aposta polo presente para non desaparecer e que se pregunta polo futuro sen medo. Un internet que se materializa, un ano máis, nas rúas de Carballo, convertendo a vila nun punto de encontro para algunhas das voces máis interesantes do panorama dixital actual.
Ainhoa Marzol e Carmen Pacheco
PLOT TWINS. Duplicadas por guion
O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais embebibles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Porque as lembranzas son fragmentos dun arquivo vivo que estamos producindo e reinterpretando constantemente.
O Código Fonte Audiovisual é dende a primeira edición un selo do festival que queremos seguir mantendo, nesta edición queremos convidar a Lúa e Zeltia Mosquera, dúas irmás mellizas (que si, xa sabemos que todas pensades que son xemelgas) que nos amosarán como marcaron a súa relación a representación dos xemelgos no audiovisual.
Lúa e Zeltia Mosquera
Entrega de premios
A entrega de premios desta edición estará presentada por Lorena Iglesias, unha amiga do festival. Na edición online do 2020 atreveuse a facer o seu show Necroshow totalmente online pero “en directo” e tamén participou na mesa de “Tías graciosas, un repaso polas barricadas da comedia feminina”. Voltou no 2021 como membro do xurado e para facer -xa por fin en vivo- un show ad hoc chamado Pochosfera: momentos penosos de internet. E agora volta para presentar Millennial Mal, a serie da que é creadora e de paso xa a liamos para presentar os premios do festival.
Lorena Iglesias
Keep it Cutre
Con miles de seguidores en redes sociais, a cercanía e sinceridade é unha das claves do seu éxito. Ademais, teñen un humor a proba de bombas –e de dramas–. Polo podcast pasaron convidadas como Nerea Pérez de las Heras, Beatriz Serrano ou a cómica Lalachus. Chegan por primeira vez a Galicia cun programa que nace das súas charlas do día a día cunha gran dose de risas tocando temas relacionados co sentir da xeración millennial.
Ángela Henche e Albanta San Román
Abajo el Trabajo con Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel
O oficio da creación de contidos é complicado. Internet, as redes sociais, os medios de comunicación e os espazos culturais sempre están a pedir novos productos, facendo que moitas creadoras vivan con frustración a incongruencia de facer discurso en torno ás críticas ao capitalismo e á hiperproductividade mentres son as súas peores xefas. Pódese vivir da creación sen autoexplotarse? As nosas mellores horas do día -e da vida- ocúpaas o traballo? Para falar deste tema temos a Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel, tres pensadoras e creadoras anticapitalistas especialistas en eidos tan diversos coma o xornalismo, a arqueoloxía ou as artes dramáticas con ampla experiencia en internet e nos espazos culturais.
Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel
Comunicar na diversidade
Con un internet cada vez más hostil e un aumento do movemento reaccionario de ultradereitas, misóxino e racista, é máis importante que nunca comunicar na diversidade. É responsabilidade de espazos como Carballo Interplay axudar a difundir os discursos de creadoras que buscan defender os dereitos de todas. Queremos escoitalas e saber cómo axudar a mellorar os espazos de debate, como educar dun xeito igualitario e corrixir os nosos prexuizos. Para isto queremos contar con algunhas das creadoras e comunicadoras máis relevantes que hai neste momento na loita antirracista e contra a xitanofobia como Chaimaa Boukharsa, Lucía Mbomío, Voria Stefanovsky e “Guru” Jiménez, con Antonio Grunfeld, de AGARESO, como moderador .
Chaimaa Boukharsa, Voria Stefanovsky, Lucía Mbomío e “Guru” Jiménez. Modera Antonio Grunfeld (AGARESO)
Coñecendo a… Andy Chichester
Nesta edición queremos reivindicar máis que nunca a lingua galega e á xente que decide usala e defendela no seu día a día, e dentro desa xente, paleofalante e neofalante, atopamos casos curiosos coma o de Andy Chichester, profesor estadounidense que decidiu aprender o idioma e empezar a usalo nas súas redes sociais, gañando o cariño do internet galego.
O seu compromiso coa nosa cultura, malia non ter ningún tipo de cercanía previa, é un dos temas dos que queremos falar con Andy, que viaxará dende Nova York ata Carballo para poñer en práctica os seus coñecementos e reflexionar sobre o papel da lingua nas nosas vidas. Todo nunha conversa na que estará acompañado polo actor Federico Pérez.
Andy Chichester, Federico Pérez
O Videoxogo en Galicia
Neste Interplay Lucas Costas, un dos integrantes de MUVI, reivindicará o videoxogo como medio de comunicación, expresión e creación, así como unha ferramenta educativa no sentido máis amplo da palabra, nun panel no que repasará tamén a súa historia en na nosa comunidade poñendo o foco en The Wall, o primeiro videoxogo comercial de Galicia.
Lucas Costas Rodríguez
Adictas ao True Crime
Non se pode discutir, interésanos un bo misterio e fascínanos entender a maldade humana. O mundo do true crime está a vivir un dos seus mellores momentos, impulsado polo éxito do xa clásico “Crims” catalán. Queremos falar do formato, o estilo a ambientación, os conflictos éticos, da man de dous proxectos galegos premiados pola iniciativa Radar Podcast Spotify, “Sofá manta y crimen” e “La crónica oscura”. Tamén contaremos ca participación da equipa de Spotify Podcast para analizar este fenómeno a nivel de industria.
Sofá, Manta y Crimen, La Crónica Oscura e Spotify Podcast
Entrega de premios
Entrega dos premios desta edición da man de dúas das persoas máis queridas polo festival: Miguel Canalejo e Belén Puime.
Miguel Canalejo, Belén Puime
ZONA PRO. Podcast. “Nin que fósemos O Faiadshhhh…”
O Carballo Interplay ten un papel vital a nivel galego á hora de apoiar e impulsar aos novos creadores e creadoras. Un exemplo disto é o podcast O Faiado, proxecto creado en 2023 por estudantes de xornalismo e comunicación audiovisual, para comentar a actualidade sobre a cultura pop, galega e internacional, así como comentar tendencias, reflexionar e, sobre todo, botar unhas boas risas.
Este podcast foi gañador do pitching a mellor proxecto dixital en galego (na categoría de canle) da última edición do Interplay, e agora volve ao festival, xa consolidado, para facer un show en directo onde todo o mundo poderá disfrutar da vangarda do podcast en galego. Polos seus micrófonos teñen pasado creadores e creadoras como Bruno Arias, Rodri Míguez, Sara Seco, Lara Caeiro, Leti da Taberna, Eris Mackenzie, Su Garrido Pombo, The Rapants, Sabela Ramil… Esta vez será a quenda do director Javier Ferreiro e a actriz Blanca Martínez, da serie “Mariliendre”.
Javier Ferreiro, Blanca Martínez
O chío, a Oliveira e as raíces. O impacto da comunicación do Real Club Celta de Vigo no sentir da sociedade galega
En 2021 a conta de twitter de Radio Vigo preguntaba aos seus seguidores que artista debería compor o himno do centenario do Celta. As opcións que daba eran catro, Iván Ferreiro, Siniestro Total, Carlos Núñez e Eladio, pero ninguén esperaba que C. Tangana, artista de renome internacional, decidira presentarse como voluntario.
Dous anos despois, a “Oliveira dos cen anos” forma parte xa da historia do club, chegando a chamar a atención de medios internacionais como o New York Times, a revista Billboard e The Guardian. O seguinte paso? A campaña “Non pode ser máis de aquí”, que xira arredor das raíces e identidade galega, gañadora nos Premios Paraugas e nos Mestre Mateo; accións culturais con artistas galegos nas previas dos partidos, como Fillas de Cassandra ou Abraham Cupeiro; documentais cinematográficos vencellados a tradicións da nosa terra, como “A cor do Entroido”… O compromiso do Celta por unha comunicación baseada nas raíces e a identidade galegas segue adiante.
ES E IMPRIMIMOS INTERNET?
Internet saíu das pantallas para impregnar cada detalle das nosas vidas. Falamos de internet (e ás veces como en internet), escribimos de internet, pensamos sobre internet. Facemos camisetas con memes, publicamos libros deles, vendemos pegatinas… Imprimimos internet? Temos medo a que o dixital desapareza? Para este panel contamos con creadoras e creadores de memes e contidos dixitais, así coma con analistas e curadoras expertas en tendencias.
Álvaro L. Pajares, Marina G. Canedo, Rafa López, Ainhoa Marzol
Exército Mekemeke Live
Que nos contan de si mesmos o Exército Mekemeke? Ola parroquia! Somos o videopodcast galego que está conquistando toda Internet, unindo á xabaxeración, estamos a facer que cada día máis mekemekes se unan á nosa causa. Un programa presentado por Carlos Vieito que desbloquea cada semana todos eses bos recordos dos nenos e nenas dos 90s. Nunca ser dos malos, molou tanto!
Exército Mekemeke.
Rajando con… PENA Y PÁNICO
PENA Y PÁNICO é o Podcast composto por La Prados e Raquel Hervás no que cada semana comparten os seus medos máis profundos para curarse coa risa. Funciona? Non sempre. É divertido? A maior parte do tempo. Basicamente “outro formato audiovisual no que dúas mozas intentan monetizar os seus traumas”.
La Prados, Raquel Hervás
Maldito Bollodrama
Este é o podcast definitivo de lesbianas falando sobre lesbianas feito por lesbianas en Radio Primavera Sound. Presentado por Laura Terciado e Bake Gómez, Safo de Mitilene é a súa pastora, nada lles falta. Recoñecemento Arco Iris do Ministerio de Igualdade 2023 a persoas destacadas na visibilización, apoio e defensa dos dereitos das persoas LGTBI.
Laura Terciado, Bake Gómez
O dixital é político
As xeracións X e Z queren falar de política nas súas casas, coas súas amizades, cos seus ligues e, por suposto, tamén en internet. Nun contexto social cada vez máis polarizado, aumentan as voces novas que constrúen lazos e traballan alternativas dende o eido dixital. Voces activistas, feministas, decoloniales e antifascistas de Galicia e outros puntos de España que buscan demostrar que a xente nova quere traballar para facer deste un mundo mellor. Cuestionando o establecido para construír en positivo.
Iván Iglesias (OU ké!), Carretando, Alán Barroso, Sergio Gregori, Ayme, Marina Lobo
ZONA PRO CIP 24
PANEL. OTTs nas televisións autonómicas. Adaptación e fusión para o presente. Caso CRTVG e EITB. Con María Sabucedo de CRTVG – AGALEGA e Unai Iparragirre de PRIMERAN – EITB.
CHARLA. Series na actualidade. Con Joël Bassaget, programador de Marseilla Web Fest.
CHARLA. Podcast na actualidade. Con Nacho Gallego, de Estación Podcast.
PANEL. Internet para explicar o presente a través do pasado. É a rexouba éxito asegurado? Con Raquel Piñeiro, Juan Sanguino, Anxo F. Couceiro.
CFA “Lasamiga productions”
O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais embebibles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Porque as lembranzas son fragmentos dun arquivo vivo que estamos producindo e reinterpretando constantemente. O CFA é dende a primeira edición un selo do festival que queremos seguir mantendo, nesta edición correrá da conta de Carolina Iglesias e Laura Márquez, que nos aseguran unha proposta divertida e para nostálxicas millennials.
Carolina Iglesias, Laura Márquez
DANDO A TURRA
Talk show con Belén Puime e Uxía Vázquez. Millenials ou Gen Z, como rapazas nacidas a finais dos 90’s non saben moi ben onde ubicarse. O que sí que teñen claro é que son rapazas NOVAS… pero ata cando?
Belén Puime e Uxía Vázquez
PETISCOS NO DERBY CIP 23
Café Derby 21 é un podcast que nace das conversas de cociña dun piso de estudantes. Adrián Lede, Nicolás Carreira e Carme D. Prol xúntanse cada semana cun convidado/a relacionado coa cultura galega para facer unha tertulia aberta sobre a carreira do convidado/a, actualidade e o que xurda. Esta vez ábrennos as portas da súa saliña de estar para verse as caras con algúns dos creadores e creadoras do momento nas novas narrativas dixitais do país.
Sara Seco, Carla e Marcos de Todo Mal, Meryfos, Totakeki
AMIGA, YO TE CUENTO…
No Carballo Interplay cremos que na internet se poden crear grandes cousas: dende medios de comunicación que van máis alá do mainstream para aportar novos puntos de vista ata centros de producción de saberes completamente gratuitos e abertos a todo o mundo.
Aínda que concibimos e queremos unha rede para compartir, coidar, rir, apoiar e aprender, ás veces, como reflexo da sociedade na que vivimos, tamén pode ser un lugar moi hostil para minorías sociais ou albergar unha chea de discursos de odio, fascistas ou machirulos. “Amiga, yo te cuento” é un espazo seguro para falar de como navegar e fulminar esas hostilidades e seguir sendo e opinando ata que non existan esas barreiras. Un sitio no que poder reflexionar sobre os fenómenos culturais que nos gustan sen prexuízos, dende o presente ou dende a nostalxia.
Porque as nosas ponentes de “Amiga, yo te cuento” falan cinco segundos e son capaces de deixarche pensando horas. Poucas persoas máis guais atoparedes na rede, PROMETIDO.
Excomplice/Culomala, Estela Ortiz, Proyecto UNA
DENTRO PODCAST (RPS)
Un podcast cultural no que descubrimos os medos, as preocupacións e os segredos das persoas ás que segues. Ou Julia Hetera e Isabel Genia tentando arrebatar o magazín de tardes de TV3 á Melero e convidando a colegas do mundo para falar sen complexos. Presentado por Alba Rise e Conxxa Vitoy e con Burnin’ Percebes e Ronsel Ortiz como invitades especiais. Estás DENTRO!
Alba Riera, Conxxa Vitoy
NACHO MARTÍN PROJECT
Actividade para nostálxicas con risas aseguradas. Por primeira vez Nacho Martín Project leva a cabo en directo desde o Carballo Interplay. Centrados, como sempre, no mítico “Médico de familia”, Noel Ceballos e O Hematocrítico (Os irmáns podcast) farán xunto a Nus Cuevas un percorrido pola historia da familia do Doutor Martín e explicarannos conceptos como “A guitarra da SIDA” ou “O tratamento Chechu”. Todo terminará cunha revelación incrible: o videoxogo de médico de familia!
O Hematocrítico
ZONA PRO CIP 23
“Do podcast ao show”. Con Marta Salicrú (RPS), Etiqueta Negra, Tomás Fuentes (La Ruina), Alba Riera (DENTRO)
“Novos xeitos de habitar a rede” Con ACOUSA, Erika Irusta (COMUNIDAD S1S4), Noelia Ramírez (newsletter de SModa)
“Unha década despois, como comunican as canles públicas?” Con CRTVG e RTVE lab
O OUTRO LADO DA PANTALLA. UNHA HISTORIA UNDERGROUND DA INTERNET GALEGA
A creadora cultural María Yáñez proporá en directo, a través da súa experiencia persoal, unha viaxe desde os inicios da internet galega ata as portas da chegada das redes sociais. Un repaso a como chegaron as primeiras conexións nos anos 90, as primeiras webs en galego, os primeiros medios dixitais, as primeiras plataformas sociais de contido, que naceron desde abaixo, colectivamente e con dúas motivacións principais: a lúdica e a activista.
María Yáñez
CFA con Elizabeth Duval
O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se invita a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuales embebibles que marcaran a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Porque os recordos son fragmentos dun archivo vivo que estamos producindo e reinterpretando constantemente. Nesta edición compartirá o seu disco duro connosco… Elizabeth Duval!
Elizabeth Duval
ACTIVISMO, DIVULGACIÓN E FEMINISMO(S) NA REDE
No Carballo Interplay queremos poñer o foco no traballo de persoas que utilizan as posibilidades da rede para amosar outras realidades ou facer do mundo online un lugar máis habitable dende o humor, a divulgación, a arte… e todo o que se lles poña polo camiño. Non perdades esta conversa cun auténtico dream team: a xornalista Nerea Pérez de las Heras, a historiadora Eugenia Tenenbaum e cómica Ana Polo.
Como divulgar dende a rede? É internet agora o xeito de chegar a grandes públicos? Como xestionar as críticas? Hai espazo para os discursos que se saen da norma? Como lidiar co pinkwashing e as trampas do capitalismo? Agárdannos moitas preguntas e, sobre todo, moito palique.
Nerea Pérez de las Heras, Eugenia Tenenbaum e Ana Polo.
ZONA PRO CIP 22
“A profesionalización do podcast“. Con Jesús Blanquiño (Podium Podcast), Marta Salicrú (Radio Primavera Sound) e Tania Lombao (Radio Galega Podcast).
‘’Novas formas de contar. Dende a ficción sonora á divulgación’’. Con Ana Garriga e Carmen Urbita (Las hijas de Felipe), Manuel Bartual (Biotopía), Carmen Pacheco (Santuario).
Festivais adicados á cultura popular, dixital e series. Con: Memefest (Filles d’Iternet), Tracking Bilbao (Borja Crespo), Serializados (Betu Martínez e Víctor Sala). En colaboración con Proxecta.
CREA feat Podgalego
Especial Gen Playz a la gallega
O contido de Playz, que foi premiado como mellor programa de entretemento nos Premios Ondas 2021, acompañaranos neste Carballo Interplay levando a cabo por primeira vez en directo dende Galicia un dos seus formatos estrela: Gen Playz.
Inés Hernand
PETISCOS NO DERBY CIP 22
Café Derby 21 é un podcast que nace das conversas de cociña dun piso de estudantes. Adrián Lede, Nicolás Carreira e Carme D. Prol xúntanse cada semana cun convidado/a relacionado coa cultura galega para facer unha tertulia aberta sobre a carreira do convidado/a, actualidade e o que xurda. Esta vez ábrennos as portas da súa saliña de estar para verse as caras con algúns dos creadores e creadoras do momento nas novas narrativas dixitais do país.
CFA con Esnórquel “Maricón.mp4 – Miradas queer en 240p”
O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección. En “Maricón.mp4 – Miradas queer en 240p” Esnórquel fará un percorrido por vídeos de Youtube de alcalce queer que o marcaron durante a súa adolescencia na aldea e na universidade, e que foron paralelos ao seu crecemento como “maricón pintao”.
Esnórquel
¿PUEDO HABLAR! Con Perra de Satán e Esnórquel
Ven polo chascarrillo, queda polos traumas. ¿Puedo hablar! é o podcast de Esnórquel e Perra de Satán, onde analizan co seu particular humor e sen censura temas importantes ou intranscendentes. A medio camiño entre un show de comedia e unha consulta psicolóxica, Bea e Enrique discorren sobre saúde mental, os seus corpos, política, cultura, ligoteo, sexo… e moita televisión dos noventa.
ENCONTRO “A internet de mudar as cousas”
Adicaremos a mañá do sábado a escoitar a creadoras e creadores que utilizan o online para amosar outras realidades e facer da rede un lugar mellor, no encontro “A internet de mudar as cousas” ✨? ✊?
PANEL 1 | ACTIVISMO NA REDE Pol Andiñach, coordinador do colectivo cuellilargo. Laura Tabarés, 1/3 do colectivo Ontologías Feministas, Colectivo Proyecto Una
PANEL 2 | HUMOR, PRECARIEDADE XERACIONAL E ILUSTRACIÓN Anastasia Bengoechea aka Monstruo Espagueti, Roberta Vázquez, Violeta Navas, máis coñecida como La Prados
POCHOSFERA: momentos penosos da internet
Como todo, Internet tamén ten taras: as imaxes perturbadoras da web This person does not exist, os bloopers de vídeos de ASMR, a manosphera, os filtros de Instagram mal postos, os deepfackes de famosos derretidos… Lorena Iglesias e David Pareja farán un estudo científico dos vídeos máis estremecedores da rede.
Lorena Iglesias, David Pareja
ZONA PRO CIP 21
Panel. “O xiro cara o contido de actualidade. Debate e conciencia social”: con Freeda, Canal 180 e Playz.
Panel. “Contidos dixitais e innovación. Onde poñen o foco as canles públicas?”: con RTP Lab e Televisión de Galicia
Presentación produtoras e creadores dixitais de Portugal
Unha nova vía para a produción de series web
MASTERS DA INTERNET. PRIMER ENCONTRO TRANSVERSAL DE CREACIÓN GALEGA ONLINE
Un dos obxectivos do Carballo Interplay é seguir transformando, medrando, ensinando, e promocionando o talento galego na rede. Por isto nesta edición, dende o festival artellamos un encontro cos principais puntas de lanza nas novas narrativas dixitais do país. Como se comeza a crear contido? En que se diferencia o público de cada rede? Que é o que demandan? Que hai que ter en conta para crear no ámbito dixital? Están os creadores e creadoras de diversas redes interconectados entre si? En que momento se atopa a creación dixital en Galicia? Que retos hai para o futuro? Resposta a todas estas preguntas e máis, neste Masters da internet moderado por Alba Mancebo e Esther Estévez!
Panel 1 | Youtube e Podcast con Olaxonmario, Nee Barros, Isaac González, Samuel L. París e Carme D. Prol. Modera: Alba Mancebo
Panel 2 | Tik Tok, Twitter e Twitch con Malva, Jon Amil, Mira1cousinha e Agos Reigosa. Modera: Esther Estévez
Tecnoloxías para a (re)construción de mundos virtuais
En tempos de distancia social, nos que as interaccións están máis que nunca mediadas pola pantalla, as tecnoloxías emerxen para crear novos mundos pero tamén para achegarnos doutro xeito aos mundos que xa coñecemos. Os efectos dixitais, a realidade virtual e mixta ou a intelixencia artifical preséntannos posibilidades creativas abraiantes, tanto na industria audiovisual como na arte e no patrimonio cultural.
Carlos Seijo (Maxina), Toño Cabanelas (Liveforevr)
Necroshow • Lorena Iglesias
Playlist: Youtube galego con Aquel-e
O galego estivo presente en Youtube desde a apertura da plataforma. Ao comezo, de forma aleatoria e ocasional, mais axiña chegaron contidos propios para a rede. Co paso do tempo foron variando e mudando as formas e temáticas, por iso cómpre facer unha periodización da nosa historia en Youtube.
Miguel Silva (Aquel-e)
Estirando el chicle • Percebes y grelos + Living postureo
‘Estirando el chicle’ é un podcast donde Carolina Iglesias e Victoria Martín ‘rajan’ sobre cousas. Tiñan unha descricción más concienzuda pero ao final quedan con que vai diso: de ‘rajar’. Ás veces hai convidados, pero que iso non nos distraia do de ‘RAJAR’.
Percebes y grelos, Living postureo
Os festivais en tempos de distancia social e multipantalla
A distancia social imposta pola pandemia obrigou a maioría de festivais de cine e audiovisual a reiventarse ou, cando menos, a expandir o seu alcance na rede máis alá da presenza física. A colaboración con plataformas de streaming, a creación de contidos específicos para a rede ou o deseño de actividades para a súa produción e retransmisión online son algunhas das solucións que, sendo conxunturais, quizais viñeron para quedar. Cara a onde camiña o futuro destes eventos? Que novos formatos de festivais visualizamos para os vindeiros anos? Que aprendemos da experiencia deste ano? Sobre isto falaremos con representantes de distintos festivais de cine galegos que tiveron que adaptar as súas edicións de 2020 a esta nova realidade.
Ana Domínguez (S8), Ángel Sánchez (Play Doc), Sonia Méndez (Carballo Interplay)
Charla con Verto
Ademais de ser o grupo revelación do pop galego neste ano tan estraño, o dúo formado por Berto Mira e Fer Peleteiro arrastra un fenómeno fan nas redes como non se viu ata o de agora. O seu segredo é seren riquiños cos fans, seguilos de volta en Twitter, responderlles e rechialos. Seguir sendo humildes a pesar de ter un fandom capaz de conseguirlles concertos en distintas localidades ou esgotar as súas camisetas en 24 horas. Falaremos con grupo de música e de redes nun encontro no que os fans poderán entrar en directo a falar con eles.
Verto
Mulleres nos videoxogos e eSports
Os videoxogos preséntanse como unha das industrias máis innovadoras pero en termos de igualdade, diversidade e inclusión están moi atrasados con respecto a outras industrias culturais. Por que sucede isto? Marina Amores, “Blissy”, dirixe a serie documental Nerfeadas, que aborda desde distintos ámbitos a cuestión do machismo na industria do videoxogo. Contamos tamén co testemuño de Minia “Samku” Monteagudo, comentarista e divulgadora de eSports con especial énfase na perspectiva de xénero.
Marina Amores “Blissy”, Minia “Samku” Monteagudo
Tías graciosas: un repaso polas barricadas da comedia feminina
Que raio pasa? As mulleres non somos “graciosas”? Falamos con catro cómicas que desenvolveron os seus traballos desde a resistencia e desde internet para saber por que custa asumir que as mulleres son tan graciosas coma os homes.
Lorena Iglesias, Sara García (Penny Jay), Victoria Martín (Living postureo), Carolina Iglesias (Percebes y grelos)
Encontro podgalego
Malia que o consumo de podcasts aínda non é demasiado popular en Galicia, a produción de contidos neste formato leva anos en marcha na nosa lingua. Cada vez hai máis iniciativas na nosa lingua e máis diversas en canto a temas e enfoques. Coa axuda de Podgalego, unha web que dende hai tempo recompila todas os podcast feitos na nosa lingua, coñeceremos algúns dos máis interesantes da actualidade, especializados na divulgación de ciencia, música, videoxogos, política ou emigración.
Isaac González (Podgalego), Iria Veiga (Sónica Cuántica, Burán), Carlos Pereiro (A gruta de Gizamaluke), Té con Gotas
Presentación (RPS) + Ciberlocutorio. Convidado: Brays Efe
Todas as cousas máis importantes do mundo están en internet. E se non están, non nos importan. En Ciberlocutorio analízanse tuits, beefs, comentarios de Youtube, artigos de señores, quentaduras virtuais e a última tendencia. Toda a actualidade desde un enfoque social, feminista e millennial. O máis parecido a abrires unha botella de viño coa túa mellor amiga e deixar que todo flúa. Cunha audiencia de case 500.000 escoitas ao mes, Radio Primavera Sound emite as 24 horas desde radioprimaverasound.com e aloxa medio cento de podcasts –entre eles Deforme Semanal Ideal Total e Ciberlocutorio– nas principais plataformas de podcasting, Spotify, Apple Podcasts, Mixcloud, Soundcloud, iVoox.
Anna Pacheco, Andrea Gumes, Brays Efe