Cartel da competición internacional de series do festival Carballo Interplay 2027

Compárteo!

CARBALLO INTERPLAY 2027 – Bases da competición internacional de series de formato curto

A 14ª edición do festival Carballo Interplay que terá lugar en Carballo (Galicia) do 8 ao 11 de abril do 2027 abre a convocatoria para presentar series a competición oficial.

CONDICIÓNS XERAIS

Poderán presentarse a competición aquelas series producidas entre os anos 2025 e 2027 que teñan a lo menos 3 capítulos producidos.

Os capítulos poden ser inéditos ou estar publicados en calquera plataforma de streaming ou de video online.

A duración máxima dos capítulos é de 30 minutos.

Os episodios inscritos poden ser de calquera temática, xénero, de imaxe real ou animación.

INSCRICIÓN

A inscrición farase desde a web do festival www.carballointerplay.com cubrindo debidamente o formulario de inscrición ou a través da plataforma online Filmfreeway.

A inscrición é gratuíta en todos os casos.

A data límite para a inscrición é o 26 de febreiro de 2027.

IMPORTANTE: Para a inscrición e visionado das series en idiomas que non sexan o galego ou o castelán é obrigatorio que cando menos estean subtituladas en inglés ou nun destes dous idiomas.

SELECCIÓN E MATERIAIS REQUERIDOS

De resultar seleccionada unha serie a organización do festival solicitará con tempo suficiente o envío dos materiais necesarios para a súa correcta proxección e difusión dentro da programación do festival.

IMPORTANTE: No caso de resultar seleccionadas a organización requerirá os subtítulos en castelán ou galego de a lo menos un dos capítulos da serie no caso de non ser a versión orixinal en calquera destes dous idiomas.

XURADO E PREMIOS

O xurado estará composto por profesionais do sector audiovisual e dixital. A decisión do xurado é inapelable. O xurado poderá deixar deserta de premio calquera categoría, outorgar mencións especiais ou declarar ex aequo algún dos premios.

Os premios outorgados serán os seguintes:

  • Mellor serie: 800 euros e trofeo
  • Premio do xurado novo: 400 euros e trofeo
  • Premio do público: 400 euros e trofeo
  • Premio a mellor dirección: 200 euros e trofeo

En caso de que o xurado decida que dúas series resultan premiadas na mesma categoría a dotación económica repartirase a partes iguais entre as gañadoras.

Os premios estarán suxeitos ás posibles retencións fiscais que a lei estableza.

COMUNICACIÓN

A organización resérvase o dereito de tomar unha mostra das series seleccionadas para usar no tráiler oficial, ademais do dereito sobre o uso dos materiais (fotogramas/ fotografías / cartel, etc.) para a promoción (programa impreso, cartel, prensa, internet, redes sociais, etc.) deste.

DEREITOS DE EXHIBICIÓN

A organización dá por feito que os/as titulares das series presentadas ostentan todos os dereitos de exhibición e promoción das obras e materiais presentados e declina calquera responsabilidade con respecto á infracción desta norma. Ao enviaren os materiais a concurso os/as titulares/as están a declarar implicitamente seren os/as propietarios/as e estaren autorizados/as para utilizar todos os dereitos sobre a música, vídeo e efectos que figuran na serie. O festival non se fará responsable das reclamacións que xurdan do incumprimento dos/as creadores/as ou produtoras que presenten unha serie de non posuír axeitadamente os dereitos sobre o material que envíe.

ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS

A participación no festival implica a aceptación destas bases.