Transporte
Tanto se viaxas en avión como en tren a Galicia, as cidades máis próximas a Carballo son A Coruña e Santiago de Compostela. Desde calquera destas ciudades podes chegar ata Carballo en autobús interurbano. A opción máis recomendable sería A Coruña porque está máis preto e a conexión con Carballo é mellor. Hai autestrada.
A empresa Arriva é a encargada destas rutas de autobuses. Podes consultar os horarios aquí: www.arriva.gal
Aloxamentos
Carballo é unha vila pequena con poucos aloxamentos dispoñibles, polo que che recomendamos reservar o teu aloxamento con antelación.
- Hotel Punta del Este
www.hotelpuntadeleste.es - Pensión Rama
www.pensionrama.com - Balneario de Carballo
www.balneariodecarballo.com - Hostal Río Sil
riosil.gal
Turismo
Carballo e a súa contorna ofrecen múltiples opcións turísticas. Podes consultar aquí.
Carballo é un concello pequeno (31.000 habitantes) dentro da comarca de Bergantiños, polo que moverse é moi cómodo e non require transporte en vehículo.
Facilitamos información turística do Concello onde se poden consultar múltiples opcións de gastronomía e lecer tanto en Carballo como na súa contorna.