O Carballo Interplay naceu no 2014 como o primeiro festival de webseries do Estado, pero pouco a pouco converteuse tamén nun punto pioneiro en Galicia para creación, a reflexión, para o coñecemento e para o desenvolvemento do pensamento. Os actos e os paneis son conversas reais, e os offs do festival valen para reflexionar en compañía.
Nun momento no que moita xente está valorando abandonar as redes, nós queremos reivindicar o internet que nos gusta. O internet que nos aporta, que nos ensina, que fai que nos xuntemos e que teñamos ganas de crear algo da nada. O mundo online nace como unha ferramenta colaborativa, en gran medida sen ánimo de lucro, construída píxel a píxel por xente que quería falar con outra xente, coñecer as súas realidades, gozar do que lle gusta e construír a partir de aí. Ese é o internet do Carballo Interplay.
Somos un punto de encontro para os creadores e as creadoras dixitais, para ver as mellores series web, un lugar no que conversar non só sobre o que está a acontecer na rede, senón tamén na sociedade. Un lugar para acoller debates que atravesan o mundo que habitamos e para idear como construír o que queremos habitar.
Abrimos orgullosamente cada ano os tentáculos das liñas e actividades paralelas do festival apoiándonos no dixital para poder actuar tamén como un “evento arredor das ideas”, sucedan no plano no que sucedan.
Equipo
Dirección SONIA MÉNDEZ
Codirección e programación ANDREA VILLA
Produción ANA DIXITAL
Programación de series SANDRA LESTA
Imaxe gráfica ISA VILA
Comunicación CARMEN PROL
Redes EIRA LOSADA
Reforzo de redes MARÍA AMOR
Actividades SARA RIVEIRO
Axudante de produción ELENA MANSINHO
Rexiduría MANUEL FUENTES
Cobertura audiovisual MIGUEL SILVA
Cobertura fotográfica AIGI BOGA
Desenvolvemento web PILAR MERA
Tradución e web SARA ROCA
Auxiliar de produción CELIA ACCIÓN
Cámara MANUEL VIDAL
Técnica do Concello MAITE PARGA
Dirixe e produce CÓSMICA PRODUCIÓNS
Organiza CONCELLO DE CARBALLO e TURISMO CARBALLO
