Esta web emprega cookies propias para mellorar a experiencia do usuario e cookies de terceiros (Google Analytics) para analizar o tráfico do sitio. Visita a nosa Política de cookies para saber máis.
Noticias recentes
O Carballo Interplay vive o sábado a súa xornada máis social con conversas sobre a diversidade, o traballo ou o show da cómica Ana Polo sobre a crise da vivenda
Videoteca
Keep it Cutre
Con miles de seguidores en redes sociais, a cercanía e sinceridade é unha das claves do seu éxito. Ademais, teñen un humor a proba de bombas –e de dramas–. Polo podcast pasaron convidadas como Nerea Pérez de las Heras, Beatriz Serrano ou a cómica Lalachus. Chegan por primeira vez a Galicia cun programa que nace das súas charlas do día a día cunha gran dose de risas tocando temas relacionados co sentir da xeración millennial.
Ángela Henche e Albanta San Román
Abajo el Trabajo con Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel
O oficio da creación de contidos é complicado. Internet, as redes sociais, os medios de comunicación e os espazos culturais sempre están a pedir novos productos, facendo que moitas creadoras vivan con frustración a incongruencia de facer discurso en torno ás críticas ao capitalismo e á hiperproductividade mentres son as súas peores xefas. Pódese vivir da creación sen autoexplotarse? As nosas mellores horas do día -e da vida- ocúpaas o traballo? Para falar deste tema temos a Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel, tres pensadoras e creadoras anticapitalistas especialistas en eidos tan diversos coma o xornalismo, a arqueoloxía ou as artes dramáticas con ampla experiencia en internet e nos espazos culturais.
Juana Dolores, Christo Casas e Puto Mikel
Comunicar na diversidade
Con un internet cada vez más hostil e un aumento do movemento reaccionario de ultradereitas, misóxino e racista, é máis importante que nunca comunicar na diversidade. É responsabilidade de espazos como Carballo Interplay axudar a difundir os discursos de creadoras que buscan defender os dereitos de todas. Queremos escoitalas e saber cómo axudar a mellorar os espazos de debate, como educar dun xeito igualitario e corrixir os nosos prexuizos. Para isto queremos contar con algunhas das creadoras e comunicadoras máis relevantes que hai neste momento na loita antirracista e contra a xitanofobia como Chaimaa Boukharsa, Lucía Mbomío, Voria Stefanovsky e “Guru” Jiménez, con Antonio Grunfeld, de AGARESO, como moderador .
Chaimaa Boukharsa, Voria Stefanovsky, Lucía Mbomío e “Guru” Jiménez. Modera Antonio Grunfeld (AGARESO)
Coñecendo a… Andy Chichester
Nesta edición queremos reivindicar máis que nunca a lingua galega e á xente que decide usala e defendela no seu día a día, e dentro desa xente, paleofalante e neofalante, atopamos casos curiosos coma o de Andy Chichester, profesor estadounidense que decidiu aprender o idioma e empezar a usalo nas súas redes sociais, gañando o cariño do internet galego.
O seu compromiso coa nosa cultura, malia non ter ningún tipo de cercanía previa, é un dos temas dos que queremos falar con Andy, que viaxará dende Nova York ata Carballo para poñer en práctica os seus coñecementos e reflexionar sobre o papel da lingua nas nosas vidas. Todo nunha conversa na que estará acompañado polo actor Federico Pérez.
Andy Chichester, Federico Pérez

