Cada vez é mais difícil facerse escoitar en internet. Entre a superpoboación das plataformas, os algoritmos enrevesados, os bots e a IA, semella casi imposible atopar contido de calidade, feito por persoas e ben comunicado. No medio deste caos, destacan algunhas creadoras de contido especialmente hábiles, que conseguen trasladar a información da que son especialistas, cunha identidade única.
Nesta primeira charla do sábado, queremos falar con algunhas delas para que nos expliquen cómo se pode facer divulgación nos tempos do déficit de atención. Serán Kenya Stéphanie, Helio Roque, Autoenfoque e Pablo Lluch.