O podcast en España: momento de ouro ou reinado da conversa?

CIP26PanelZona PRO

No Carballo Interplay levamos moitos anos falando da industria do podcast, analizando as súas tendencias e convidando a creadoras e creadores. Nesta ocasión queremos entender mellor en que punto nos atopamos. Parece mentira falar de crise nun momento no que hai case máis podcasts que persoas, pero… que clase de podcasts se producen agora mesmo? Na era dos conversacionais, a miúdo levados a cabo por persoas famosas, cada vez hai menos proxectos de investigación, de análise ou mesmo de tipo narrativo. Grandes creacións como El gran apagón quedaron no pasado, estamos nunha era onde todos os podcasts son semellantes e a industria rara vez aposta polo traballo profundo e a creatividade. É así ou soamente unha percepción social porque se viralizan menos?

Ana Alonso (Prisa, AS, Huffington), Oscar Piera (Tresdeu Media, Festivalpod), Javier Hernández (RNE)